Luciano Varela Castro

xuíz galego

Luciano Varela Castro, nado en Pontevedra o 9 de maio de 1947 é un xuíz galego, maxistrado do Tribunal Supremo de España desde 2007.

Modelo:BiografíaLuciano Varela Castro
Biografía
Nacemento9 de maio de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
2007 – 2019 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz, maxistrado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorTribunal Supremo de España (2007–2019) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMargarita Castejón (1972–) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1182943 BUSC: varela-castro-luciano-1947

Traxectoria

editar

Luciano Varela foi maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra durante 23 anos, antes de acceder en 2007 ou Tribunal Supremo. Foi fundador da asociación Jueces para la Democracia e profesor de Dereito na USC. Creou a revista Xurídica Galega, e preparou, xunto a outros xuíces, a moitos alumnos de xudicatura, dos que 40 son agora xuíces e fiscais –entre eles dous dos seus fillos. Tamén foi autor do borrador da Lei do Tribunal do xurado popular, que tralo procedemento parlamentario procedente, foi publicada no BOE co nome oficial de Ley Orgánica 5/1995, de 22 de mayo, del Tribunal del Jurado[1].

Desde outubro de 2007 forma parte da Sala do Penal do Tribunal Supremo. Entre as súas actuacións, en abril de 2009, no caso do xuíz Francisco Javier de Urquía, entendeu que non había delito de prevaricación pero si de suborno, polo que o condenou a 21 meses de suspensión do cargo e a unha multa de 73.800 €, a mínima que contempla a lei.

Resolución xudicial contra Baltasar Garzón

editar

En 2009 foi instrutor do caso Garzón, onde este xuíz da Audiencia Nacional foi imputado por un delito de prevaricación na causa sobre os crimes do franquismo, tras unha querela do sindicato de funcionarios Manos Limpias, que o acusaba de ditar resolucións inxustas á mantenta[2].

Nun primeiro auto, do 3 de febreiro de 2010, Varela considerou que Baltasar Garzón prevaricou ao abrir a primeira causa penal contra os crimes do franquismo. No mesmo auto, o instrutor entende que debe ser a Sala en pleno a que estime a transformación do procedemento, imprescindible para sentar no banco da acusación a Garzón. Distintos medios de comunicación consideran que o xuíz Varela mantiña un enfrontamento con Garzón dende había anos[3] e a portavoz de Jueces para la Democracia, Victoria Rosell, considerou que a acción de Varela contra Garzón era a de "criminalizar o debate xurídico"[4]. A Sala do Penal está composta por un presidente, Juan Saavedra, e os maxistrados Francisco Monterde, Juan Ramón Berdugo, Joaquín Giménez e Adolfo Prego de Oliver. Este último foi relator do auto de admisión a trámite e as acusacións intentaron apartalo do caso, tras saber que asinara un manifesto contra a Lei de Memoria Histórica que responsabiliza os partidos de esquerda da Guerra Civil española[5] e que é membro do padroádego de honra da Fundación para la Defensa de la Nación Española (DENAES)[6].

O 7 de abril de 2010, conforme á Lei de Axuizamento Criminal española, o maxistrado do Supremo decidiu transformar nun procedemento abreviado as dilixencias abertas ao xuíz Baltasar Garzón por un delito de prevaricación que cometería ao iniciar, sen competencia legal, unha causa polas desaparicións do franquismo[7].

Vida persoal

editar

Está casado coa concelleira pontevedresa Margarita Castejón, coa que ten catro fillos: Covadonga, Calixto, Xermán e Pablo Varela Castejón.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar