Elefante do norte de África

(Redirección desde «Loxodonta africana pharaoensis»)
Elefante do norte de África

Mosaico romano de Ostia Antica, Italia
Estado de conservación

Extinto dende c. 100
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: Loxodonta
Especie: 'L. africana'
Subespecie: L. a. pharaoensis
Nome trinomial
Loxodonta africana pharaoensis

O elefante do norte de África (Loxodonta africana pharaoensis) foi unha posible subespecie do elefante africano de sabana (Loxodonta africana), ou pode que unha especie separada de elefante, que existiu no norte de África ata a súa extinción durante a era romana. Estes foron os famosos elefantes de guerra usados por Cartago nas guerras púnicas no seu conflito coa República Romana. Malia que esta subespecie foi formalmente descrita,[1][2] non está recoñecida amplamente polos taxonomistas. Outros nomes para este tipo de elefante son elefante cartaxinés e elefante de Atlas. Orixinalmente, a súa distribución natural estendeuse por todo o norte de África e nas costas das actuais Sudán e Eritrea.

Descrición editar

 
Estatua romana de bronce dun elefante de guerra.

Frescos cartaxineses [3] e moedas acuñadas por quen controlaba o Norte de África en diversos momentos da historia amosan un animal relativamente pequeno (2,5 metros de altura) con grandes orellas e os lombos cóncavos típicos dos Loxodonta. O elefante do norte de África era máis pequeno que o actual elefante africano de sabana (L. a. africana), probablemente semellante en tamaño ó elefante africano de bosque (L. cyclotis). Tamén é probable que fose máis dócil e doado de manexar, permitindo que os cartaxineses o domasen cun método que se perdeu na historia. Estudos modernos aseguran que os elefantes cartaxineses eran armados con torres de combate; o cal se evidencia no feito de que os elefantes africanos do bosque ben poderían levar torres en determinados contextos militares.[4]

Notas editar

  1. Nowak, Ronald M. (1999), Walker's Mammals of the World, 6th edition, Baltimore and Londres: The Johns Hopkins University Press, pp 1002.
  2. Yalden, D.W., M.J. Largen and D. Kock (1986), Catalogue of the Mammals of Ethiopia. 6. Perissodactyla, Proboscidea, Hyracoidea, Lagomorpha, Tubulidentata, Sirenia, and Cetacea, Italian J. Zool., Suppl., n.s., 21:31-103.
  3. "tunisie : Tunisie, Carthage, la ville disparue". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  4. Rance, P. (2009). "Hannibal, Elephants and Turrets in Suda Θ 438 [Polybius Fr. 162B] – An Unidentified Fragment of Diodorus". Classical Quarterly 59 (1): 91–111. doi:10.1017/S000983880900007X.