Louis Georges Duvernoy

Médico e zoólogo francés

Louis Georges Duvernoy, nado o 6 de agosto de 1777 en Montbéliard, (Doubs, Franco-Condado) e finado o 1 de marzo de 1885 en París, foi un médico e zoólogo francés.

Infotaula de personaLouis Georges Duvernoy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1777 Editar o valor em Wikidata
Montbéliard, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1855 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo
University of Strasbourg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo , catedrático , anatomista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1837–1855) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosJean Louis Armand de Quatrefages de Bréau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaDuvernoy Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun médico que exercía en Montbéliard, daquela baixo dominio alemán, comezou a estudar en principio canda o seu pai, despois no colexio francés da cidade e, a partir de 1792, na Academia Carolina de Stuttgart.

En 1793, o principado de Montbéliard pasa a formar parte de Francia, e Duvernoy regresa ao país, continuando os seus estudos en Estrasburgo, e despois en París. A guerra fíxolle interrompelos, xa que foi incorporado ao exécito dos Alpes como farmacéutico de terceira clase.

En 1800, volto á vida civil, reanuda os seus estudos en París onde, ao ano seguinte, obtén o título de doutor en medicina cunha tese sobre a histeria. Comeza a exercer a medicina en Montbéliard cando o seu primo arredado Georges Cuvier (1769-1832) o chama a París para que colabore con el, especialmente nas súas leccións de anatomía comparada.

Despois do seu casamento en 1803 con Anne Caroline Berdot, volve en 1805 a Montbéliard. En 1809, Georges Cuvier volveuno chamar para que ocupara un posto de profesor adxunto na facultade de ciencias, daquela en plena reorganización. Pero a súa esposa non quere reunirse con el en París, e dimite en 1811. Conságrase entón ao exercicio da medicina e chega a ser en 1813 médico xefe do Hospital Militar.

Despois de enviuvar, acepta en 1827, sempre grazas a Cuvier, unha cátedra de historia natural na facultade de ciencias de Estrasburgo, na que foi decano en 1832. Volve casar, con Marie Madeleine Braun. Exerce unha grande influencia sobre os estudantes, que lle dedican unha medalla de ouro cando deixa o cargo.

Foi un dos membros fundadores da Academia Lorenesa de Ciencias (ou Sociedade de Historia Natural de Estrasburgo,[1] o 6 de decembro de 1828.

Candidato malogrado á sucesión de Cuvier no Museo Nacional de Historia Natural (foi Henri Marie Ducrotay de Blainville (1777-1850) quen obtivo a cadeira de Anatomía Comparada), foi nomeado correspondente da Academia das Ciencias de Francia. En 1837 sucede a Georges Cuvier, morto cinco anos antes, na caideira de Historia Natural dos corpos organizados no Collège de France. E en 1850 obtén finalmente unha cadeira no Museo reempranzando a Ducrotay de Blainville.

Traballos editar

Os seus traballos son extremadamente variados e levan a marca do seu mestre, Georges Cuvier. Á súa participación nas Leccións de anatomia comparada, débense especialmente:

  • Notice historique sur les ouvrages et la vie de M. le Bon Cuvier (F.-G. Levrault, París, 1833).
  • Résumé sur le fluide nourricier, ses réservoirs et son mouvement dans tout le règne animal (imprenta de Terzuolo, París, 1839).
  • Mémoires sur le système nerveux des mollusques acéphales lamellibranches ou bivalves (Institut de France, París, 1853).

Outras obras importantes son:

  • Dissertation sur l'hystérie, 1801.
  • Leçons sur l'histoire naturelle des corps organisés, professées au Collège de France, 1839.
  • Notice sur les publications d'anatomie comparée, de physiologie, 1844.
  • Fragments sur les organes génito-urinaires des reptiles et leurs produits, 1848.

Abreviatura editar

A abreviatura Ducroty emprégase para recoñecer a Louis Georges Duvernoy como autoridade na descrición e clasificación en zooloxía.

Descendencia editar

Louis Georges Duvernoy foi á vez o avó de Charles Friedel [2] e de Jules Eugène Gaston Peugeot.

Notas editar

  1. (1868) - «Liste des membres composant la Société des sciences naturelles de Strasbourg, inscrits suivant l'ordre alphabétique», Bulletin de la Société des sciences naturelles de Strasbourg Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. 1º ano - tomo I, Société des sciences naturelles de Strasbourg, Strasbourg, p. 2-8.
  2. Biografía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amédée Dechambre (dir.), Dictionnaire encyclopédique des sciences médicales, G. Masson, París, 1884.
  • Philippe Jaussaud & Édouard R. Brygoo, Du Jardin au Muséum en 516 biographies, Muséum national d’histoire naturelle de Paris, 2004, 630 p.

Ligazóns externas editar