Os mortos van á présa
Os mortos van á présa (en castelán: Los muertos van deprisa; nalgunhas fontes[1] traducido ao galego como Os mortos van ás présas) é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que se estreou o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, agás a actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodado en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea. A rodaxe tivo que ser suspendida no verán de 2006 por problemas de financiamento, retomándose tempo máis tarde.
Os mortos van á présa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los muertos van deprisa |
Director | Ángel de la Cruz |
Produtor | Ángel de la Cruz |
Guión | Ángel de la Cruz |
Intérpretes | Neus Asensi Chete Lera Manuel Manquiña |
Música | Arturo Kress |
Fotografía | Suso Bello |
Estudio | Perro Verde Films Artemática Producciones |
Estrea | 21 de novembro de 2009 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Comedia, drama |
Na rede | |
O papel de Cándido ía facelo Fernando Fernán Gómez, que morreu antes da rodaxe e foi substituído por Jean-Claude Guimard.
Sinopse
editarO filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, cunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.
Personaxes
editar- Chete Lera (Filomeno)
- Belén Constenla (Venancia)
- Neus Asensi (Irene)
- Manuel Manquiña (Gerónimo)
- Sergio Bermúdez (César)
- María Castro (María)
- Gonzalo Uriarte (Fermín)
- Ernesto Chao (Cifuentes)
- Xosé Manuel Olveira "Pico" (Ramón)
- Berta Ojea (Maruxa)
- Luma Gómez (Aniña)
- Antonio Durán "Morris" (Don Daniel)
- Antonio Mourelos (Don Matías)
- Manuel Lourenzo (Paco)
- Xosé Bonome (Josito)
- Finola Vázquez (Roxelia)
- Jean-Claude Guimard (Papá Cándido)
- Rosa Álvarez (Carmiña)
- Santi Prego (sacristán)
- Silvana Counago (Nerea)
- Isabel Risco (Presentadora)
- Paco Lodeiro (Presentador)
Galardóns e nomeamentos
editarO filme obtivo 20 nomeamentos ós Premios Mestre Mateo 2008, dos cales gañou 9: mellor longametraxe, mellor dirección de produción (María Liaño), mellor dirección de fotografía (Suso Bello), mellor maquillaxe e peruquería (Raquel Fidalgo e Rosana Teijeiro), mellor deseño de vestiario (Saturna), mellor son (Carlos Faruolo), mellor interpretación masculina protagonista (Chete Lera), mellor interpretación feminina secundaria (Belén Constenla) e mellor interpretación masculina secundaria (Xosé Manuel Olveira "Pico").
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
7ª edición | Mellor filme | Ángel de la Cruz | Gañador |
Mellor director | Ángel de la Cruz | Nomeado | |
Mellor actor | Chete Lera | Gañador | |
Mellor actriz | Neus Asensi | Nomeada | |
Mellor actor secundario | Xosé Manuel Olveira "Pico" | Gañador | |
Antonio Durán "Morris" | Nomeado | ||
Ernesto Chao | Nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Belén Constenla | Gañadora | |
Berta Ojea | Nomeada | ||
María Castro | Nomeada | ||
Rosa Álvarez | Nomeada | ||
Mellor guión | Ángel de la Cruz | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | María Liaño | Gañador | |
Mellor dirección artística | Marta Villar | Nomeado | |
Mellor montaxe | Mercedes Alted | Nomeado | |
Mellor música orixinal | Arturo Kress | Nomeado | |
Mellor son | Carlos Faroulo | Gañador | |
Mellor fotografía | Suso Bello | Gañador | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Rosana Teijeiro e Raquel Fidalgo | Gañadoras | |
Mellor deseño de vestiario | Saturna | Gañadora |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ↑ "Os mortos van ás présas/Los muertos van deprisa". AVG - O soportal do audiovisual galego. Consultado o 30/11/2023.