Lois Rodríguez
Lois Rodríguez Martínez, nado en Ferrol o 26 de xuño[1] de 1959[2], é un deseñador gráfico, xornalista e editor galego, coñecido polo seu compromiso coa edición en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1959 (65 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | editor, xornalista, deseñador gráfico |
Traxectoria
editarEn 1988 creouse AGA, unha empresa de deseño con sede en Ferrol[3] que creaba material de oficina en galego. Poucos anos despois mudou o nome a Item:)aga, que comezou a crear contidos propios en Internet desde 1995 e dirixiría o propio Lois Rodríguez ata o ano 1996. Neste ano Rodríguez creou a empresa Vieiros S.L. para fundar e editar o primeiro portal galego en Internet, Vieiros, que operou entre o 24 de febreiro de 1996 e o 24 de xullo de 2010, polo que Rodríguez abandonou Item:)aga para centrarse na edición de Vieiros. No ano 2000 o Banco Pastor chegou a un acordo con Vieiros para desenvolver contidos promocionais na páxina de Internet, polo que en maio creou unha nova empresa chamada Acordar Comunicación en Internet S.L., con sede en Santiago de Compostela[4], na que se integraría Vieiros S.L. Este acordo impulsou a transformación de Vieiros nun diario electrónico en galego, chegando a contabilizar como diario de información ata vinte mil visitas diarias.
Ata 2003 a área informativa de Vieiros titulábase Galicia Hoxe. Neste ano o xornal compostelán O Correo Galego mudou a cabeceira precisamente a este nome, rexistrando o correspondente dominio en Internet. Deste xeito, Vieiros debeu abandonar esta outra denominación[5].
O financiamento de Vieiros procedía exclusivamente de publicidade e patrocinios[6]. Pechouse por problemas económicos[7], que Rodríguez denunciou como consecuencia dunhas irregularidades administrativas[8]. O propio Lois Rodríguez escribiu o artigo de peche do diario, titulado "Até sempre"[9].
Outro dos logros de Rodríguez foi a publicación na primavera de 1996, cando aínda estaba traballando en Item:)aga, de Mil primaveras para a lingua galega[10], que está considerado o primeiro libro electrónico en galego[11].
En febreiro de 2013 foi un dos cofundadores da Asociación de Medios en Galego[12]. Tamén é membro da Asociación Puntogal, de promoción do dominio en Internet .gal, para a lingua galega e a súa cultura.
Obra escrita
editar- Rodríguez, Lois; Romero, Daniel (1997). "Elementos de publicidade e mercadotecnia para a dinamización lingüística". En Universidade de Vigo. Dinamización e normalización lingüística. pp. 71–85. ISBN 84-8158-055-4.
- Rodríguez, Lois; Docampo Amoedo, Domingo; Filgueiras Vidal, Aníbal Ramón; Freire Nistal, José Luis; Touza Fernández, Esther; Terceiro Lomba (dir.), José B.; Freixanes (coord.), Vítor F. (2000). "Sociedade do coñecemento". En Asociación Proxecto de Investigación Galicia 2010. Galicia 2010. pp. 529–575. ISBN 84-607-1434-9.
- Rodríguez, Lois; Romero, Daniel (2004). "Internet, novos vieiros para o galego". En Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela / Instituto da Lingua Galega. A lingua galega: historia e actualidade: actas do I Congreso Internacional: 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela 2. pp. 217–225. ISBN 84-95415-84-4.
- Rodríguez, Lois (2007). Deputación da Coruña, ed. "Red, la nuestra!". Interea Visual (10): 34–36. ISSN 1885-2882.
- Rodríguez, Lois (maio de 2013). Fundación Rosalía de Castro, ed. "O retrato de Portela que mudou a imaxe de Rosalía" (PDF).
Notas
editar- ↑ "Hoy cumplen años". El Correo Gallego (en castelán). 26-6-2015. Arquivado dende o orixinal o 04-11-2019. Consultado o 04-11-2019.
- ↑ (Domínguez 2005, p. 1)
- ↑ (Domínguez 2005, p. 3)
- ↑ Santiago de Compostela Film Commission (ed.). Guía de la producción audiovisual (en castelán). Santiago. p. 223. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2019. Consultado o 04 de novembro de 2019.
- ↑ (Domínguez 2005, p. 4)
- ↑ Quiñones, Aldegunde (1-12-2003). "Entrevista con Lois Rodríguez, editor de Vieiros". Vieiros.
- ↑ "La web gallega «Vieiros» cierra por dificultades económicas tras 15 años en Internet". La Voz de Galicia (en castelán). 25-7-2010.
- ↑ Burns, Walter (24-7-2010). "O editor culpa ao xerente do feche de Vieiros". Galicia Confidencial.
- ↑ Rodríguez, Lois (24-7-2010). "Até sempre". Vieiros.
- ↑ "Mil primaveras para a lingua galega". Vello Vieiros, de Item:)aga. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2019. Consultado o 04 de novembro de 2019.
- ↑ Bragado, Manuel (24-7-2010). "Vieiros, beizóns!". Brétemas (blog de Manuel Bragado).
- ↑ "Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma". Praza.gal. 4-2-2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 507. ISBN 84-8064-113-4.
- Domínguez García, Helena (2005). "Vieiros, la invención del ciberperiodismo gallego". Seis años de congreso de periodismo digital. CD editado por el VI Congreso Nacional de Periodismo Digital, 20-21 de enero de 2005, Huesca (en castelán). Huesca: Asociación de la Prensa de Aragón. p. 6.
Ligazóns externas
editar- "Lois Rodríguez Martínez". Foro Social de Ferrol Terra. 2011.
- Vieiros
- Páxina do 11 de xuño de 1998 en Internet Archive.
- Asociación de Medios en Galego
- Pérez Lema, X.A. (1-8-2010). "O espírito de Vieiros". Carta Xeométrica (blog).