Lois Alcayde Dans

xornalista e escritor galego

Xián Lois Alcayde Dans, nado na Coruña en 1997, é un xornalista e escritor galego.

Lois Alcayde Dans
Lois Alcayde Dans en Mazarelos.jpg
Lois Alcayde Dans na praza de Mazarelos, Santiago de Compostela
Nacemento1997
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña e no IES María Casares de Oleiros. Cursou o grao en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e, posteriormente, na Universidade de Santiago de Compostela, ondee está a realizar estudos de mestrado. En 2016 gañou con 18 anos o I Premio Balbino de Relatos polo libro Camiños na sombra. No 2018 obtivo o segundo premio na IV edición do Mazarelos da USC polo conxunto poético Xente da crise e en 2019 acadou o XX Premio Díaz Jácome (1° premio) polo conxunto poético Anoar.

Foi membro do consello editorial da revista Ligeia, na que coordinou a súa sección de Xornalismo. Colabora en El Salto, Luzes, da que é membro do seu comité de redacción, e no Nós Diario co seu suplemento dos sábados, o Sermos Galiza, ademais de ter publicado creación nas revistas Grial e Dorna. No ano 2020 publicou, xunto con outras autoras e autores, o libro Poesía galega novísima coordinado polo escritor Marcus Daniel Cabada na Editorial Urutau na que é unha selección das autorías líricas máis novas no comezo da década dos anos 2020 en Galicia.

En 2018 elaborou o guión para o documental Outra Coruña posible: Domingos Merino, dirixido por Paula Quiroga, sobre a vida do primeiro alcalde democrático da Coruña despois do Franquismo, Domingos Merino. Nos anos 2019 e 2020 colaborou coa Real Academia Galega na guionización dunha serie audiovisual de varias pezas co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade dirixida tamén por Paula Quiroga. Alcayde exerceu, así mesmo, como redactor para os servizos informativos da TVG no Telexornal e foi locutor e responsable de comunicación da emisora coruñesa Cuac FM.

ObrasEditar

  • Camiños na sombra, 2016 (Fervenza).
  • Xente da crise, 2018.
  • Anoar, 2019.
  • Os jeans de María, 2019 (Galaxia).

Obras colectivasEditar

  • De pedra a azulexo. Obras premiadas no I, II, III, IV e V Concurso literario Mazarelos da facultade de filoloxía (USC), 2019.
  • Poesía galega novísima (Urutau), 2020.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar