Llyn Llydaw (literalmente: "lago bretón"[1]) é un lago natural de 0,45 km² no noroeste de Gales.

Llyn Llydaw
Llyn Llydaw
Llyn Llydaw desde o Snowdon Summit. Debaixo, mapa do parque natural de Snowdonia
ContinenteEuropa
PaísGales Gales
RexiónGwynned
ProvinciaSnowdonia
Coordenadas53°4′7″N 4°2′50″O / 53.06861, -4.04722Coordenadas: 53°4′7″N 4°2′50″O / 53.06861, -4.04722
Superficie0'45
Cota436 msnm
Profundidade58 m

Xeografía e xeoloxía editar

Está situado ao longo das ladeiras do monte Snowdon, dentro do parque nacional de Snowdonia, no condado de Gwynedd.

Llyn Llydaw esténdese ao noroeste de Llyn Gwynant e do val chamado Nant Gwynant e ao sueste de Llyn Glaslyn.[2]

O Llyn Llydaw ten forma alongada, propia dos lagos formados durante unha erosión glaciar.[3]

Historia editar

En 1873, construíuse un encoro ao longo do Llyn Llydaw para facilitar o traballo nas minas de cobre de Snowdonia.[4] O lago abastece de auga, a través dun tubo de superficie, á central hidroeléctrica de Cwm Dyli, 320 m máis abaixo do val de Nant Gwynant. Foi o primeiro sistema de xeración de electricidade deste tipo no Reino Unido, e foi inaugurado en 1906.

Transporte editar

Só se pode chegar a Llyn Llydaw a pé. O aparcadoiro máis próximo é Pen Y Pass Snowdon.[5]

O lago está situado ao longo da pista dos mineiros (Miner's Track), a ruta que leva ao cumio do monte Snowdon.[4]

Cultura editar

Na mitoloxía editar

Segundo a lenda, o Llyn Llydaw sería a morada de Nimue ou Vivienne, coñecida como a Dama do Lago, que tamén tivo un encontro co rei Artur no lugar.[6] Segundo outra versión, desde Llyn Llydaw partiu Artur para Avalon.[7]

Na cultura popular editar

  • O Llyn Llydaw é o tema dunha pintura de 1872 de Sidney Richard Percy [8][9]
  • O lago aparece na Wild Swimming Adventure de Robson Green (ITV Network decembro de 2009), escollido porque se afirma que é o lago máis frío de Gran Bretaña. O sitio web de Green indica que a auga estaba a 7° Celsius[10].

Notas editar

  1. "Llyn Llydaw - An illustrated guide to Snowdonia National Park". www.snowdoniaguide.com. Consultado o 2022-05-15. 
  2. "Llyn Llydaw · Caernarfon, Reino Unido". Llyn Llydaw · Caernarfon, Reino Unido. Consultado o 2022-05-15. 
  3. "thefrozendivide - unique content creation in north wales". thefrozendivide (en inglés). Consultado o 2022-05-15. 
  4. 4,0 4,1 "Llyn Llydaw - An illustrated guide to Snowdonia National Park". www.snowdoniaguide.com. Consultado o 2022-05-15. 
  5. "Llyn Llydaw". thefrozendivide.com/ (en inglés). 
  6. "EBK: Llyn Llydaw, Gwynedd". www.earlybritishkingdoms.com. Consultado o 2022-05-15. 
  7. "King Arthur, the legend of Camelot". www.legendofkingarthur.co.uk. Consultado o 2022-05-15. 
  8. "Llydaw". wga.hu (en inglés). 
  9. "Sidney Richard Percy ; Llyn_Llydaw, North_Wales". rehs.com (en inglés). 
  10. "Wild Swimming (copia arquivada)". robsongreen.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2009.  Sitio web de Robson Green

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Geraint Roberts, The Lakes of Eryri ; Gwasg Carreg Gwalch (1995) ISBN 10 - 0863813380 Wikidata Q76478248

Ligazóns externas editar