Avalon
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Avalon (en latín: Insula Avallonis, en francés antigo: Avalon, en galés: Ynys Afallon, Ynys Afallach; que quere dicir literalmente "a illa das froiteiras [or maceiras]") é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas[1] onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.

Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").
Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.
Localización
editarA lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do século XI algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en Glastonbury, onde antes de que a zona da chaira de Somerset fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como unha illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval Giraldus de Cambrai, durante o reinado de Henrique II, o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia. ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei Eduardo I e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana.
En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación.
Algúns estudosos das lendas artúricas situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en Cumberland, xunto á muralla de Hadriano, onde se levantou o forte romano de Aballava, e outros máis cerca de Camboglanna, no que agora se chama Castlesteads.
Notas
editar- ↑ Kevan Manwaring (maio de 2008). Lost islands: inventing Avalon, destroying Eden. Heart of Albion. ISBN 978-1-905646-07-4. Consultado o 5 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rahtz, Philip (1993). English Heritage Book of Glastonbury. Londres: Batsford. ISBN 978-0-7134-6865-6..
- Carey, John (1999). Carey, John; Koch, John T.; Lambert, Pierre-Yves, eds. Ildánach Ildírech. A Festschrift for Proinsias Mac Cana. Andover: Celtic Studies Publications. pp. 1–14. ISBN 978-1-891271-01-4..