Lista de orquídeas de Galicia
artigo de listas da Wikimedia
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A seguinte é unha lista alfabética das orquídeas silvestres que se atopan en Galicia.
En Galicia as áreas de maior interese son as seguintes: comarca de Valdeorras, Folgoso do Courel-Pedrafita do Cebreiro, areais costeiros, Monforte de Lemos-Bóveda e a confluencia dos ríos Bibei-Sil-Navea.[1]
Lista alfabética de nomes científicos
editarEn Galicia están catalogadas 40 especies de orquídeas que se distribúen polo seu territorio atendendo ás condicións de clima, solo e tipo de vexetación de cada lugar.[1]
Nome científico[1] | Nome común[1] | Imaxe | Distribución en Galicia[1] | |
---|---|---|---|---|
1 | Aceras anthropophorum | Orquídea do home aforcado | Valdeorras, Courel-Pedrafita | |
2 | Anacamptis pyramidalis | Orquídea piramidal | Valdeorras | |
3 | Cephalanthera longifolia | Chaveiro branco | Valdeorras,Courel-Pedrafita, areais costeiros, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
4 | Cephalanthera rubra | Chaveiro vermello | Valdeorras | |
5 | Coeloglossum viride | Orquídea verde | Courel-Pedrafita e resto de Galicia | |
6 | Dactylorhiza elata | Satirión corpudo | Areais costeiros e resto de Galicia | |
7 | Dactylorhiza insularis | Orquídea marela de dúas pintas | Valdeorras, Courel-Pedrafita e Bibei-Sil-Návea | |
8 | Dactylorhiza maculata | Satirión apincarado | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Návea e resto de Galicia | |
9 | Dactylorhiza markusii | Paxariño marelo | Valdeorras, Courel-Pedrafita, Bibei-Sil-Návea e resto de Galicia | |
10 | Dactylorhiza sambucina | Orquídea do sabugueiro | Courel-Pedrafita e resto de Galicia | |
11 | Epipactis fageticola | Raíña das flores pendurantes | Valdeorras | |
12 | Epipactis helleborine | Raíña das neves | Valdeorras, Courel-Pedrafita e resto de Galicia | |
13 | Epipactis palustris | Raíña das xunqueiras | Areais costeiros | |
14 | Epipactis tremolsii | Raíña de follas cinguidas | Valdeorras | |
15 | Gymnadenia conopsea | Lumbrín | Courel-Pedrafita e resto de Galicia | |
16 | Himantoglossum hircinum | Orquídea das barbas | Valdeorras, Courel-Pedrafita e Monforte-Bóveda | |
17 | Himantoglossum robertianum | Orquídea recendente | Barbanza[2], Valdeorras | |
18 | Limodorum abortivum | Limodoro de esporón | Valdeorras | |
19 | Limodorum trabutianum | Limodoro pálido | Valdeorras | |
20 | Listera ovata | Herba das dúas follas | Courel-Pedrafita, areais costeiros e resto de Galicia | |
21 | Neotinea maculata | Carapucha pinta | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
22 | Neottia nidus-avis | Orquídea do niño | Courel-Pedrafita, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
23 | Ophrys apifera | Abelleira común | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
24 | Ophrys scolopax | Flor da abella | Valdeorras e Courel-Pedrafita | |
25 | Ophrys sphegodes | Abelleira escura | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros e Bibei-Sil-Navea | |
26 | Orchis coriophora | Orquídea de esporón enchido | Valdeorras, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
27 | Orchis italica | Flor dos raparigos | Valdeorras e Courel-Pedrafita | |
28 | Orchis mascula | Satirión morado | Valdeorras, Courel-Pedrafita, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
29 | Orchis morio | Satirión encarrapuchado | Valdeorras, Courel-Pedrafita, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
30 | Orchis provincialis | Orquídea marela pinta | Valdeorras, Courel-Pedrafita, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
31 | Orchis purpurea | Orquídea púrpura grande | Valdeorras e Monforte-Bóveda | |
32 | Orchis ustulata | Orquídea púrpura pequena | Courel-Pedrafita | |
33 | Platanthera bifolia | Orquídea branca das bolboretas | Courel-Pedrafita, areais costeiros, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
34 | Pseudorchis albida | Orquídea das serras | Resto de Galicia | |
35 | Serapias cordigera | Crista de galo grande | Areais costeiros, Monforte-Bóveda e resto de Galicia | |
36 | Serapias lingua | Lengüeira | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda, Bibei-Sil-Navea e resto de Galicia | |
37 | Serapias parviflora | Crista de galo miúda | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros, Monforte-Bóveda e resto de Galicia | |
38 | Spiranthes aestivalis | Espiral de verán | Areais costeiros e resto de Galicia | |
39 | Spiranthes spiralis | Espiral de outono | Valdeorras, Courel-Pedrafita, areais costeiros e resto de Galicia |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Dos ribeirenses hallaron una nueva orquídea, nova en La Voz de Galicia'(en castelán)