Chaveiro branco

especie de planta

O chaveiro branco, Cephalanthera longifolia,[1] é unha especie de orquídea de hábito terrestre. Atópanse en gran parte do oeste e o sur de Europa, sendo común nalgunhas partes da súa área de distribución, tales como o sur de Francia e España, pero en perigo de extinción en particular nas zonas do norte, como Bélxica.

Detalle da flor.

Descrición

editar

Ten as follas longas, estreitas e afiadas. A planta alcanza unha altura duns 25 cm en condicións típicas. A inflorescencia consta de 8-20 flores acampanadas de aproximadamente 1 cm de tamaño, a miúdo non totalmente abertas. Pódense atopar en flor de abril a agosto, dependendo da localización e altitude. Polo xeral crece en lugares húmidos dos bosques.

É posible a súa confusión con Cephalanthera damasonium a cal ten as flores máis amareladas e máis grandes, ademais de ter brácteas florais máis longas que o ovario.

No Reino Unido é unha especie en declive, e traballos de conservación están a levarse a cabo nunha serie de sitios. En 2007 foi clasificada como unha especie prioritaria no marco do Reino Unido no seu Plan de Acción sobre Biodiversidade.

Taxonomía

editar

Cephalanthera longifolia foi descrita por (L.) Fritsch e publicada en Oesterreichische Botanische Zeitschrift 38: 81. 1888.[2]

Citoloxía

Número de cromosomas de Cephalanthera longifolia (Fam. Orchidaceae) e taxons infraespecíficos: 2n=32[3]

Etimoloxía

Ver: Cephalanthera

longifolia: epíteto latino que significa "con longas follas".[4]

Sinonimia
  • Cephalanthera acuminata Wall. ex Lindl. (1840)
  • Cephalanthera angustifolia Simonk. (1887)
  • Cephalanthera ensifolia Rich. (1817)
  • Cephalanthera grandiflora Gray (1821)
  • Cephalanthera lonchophylla Rchb.f. (1851)
  • Cephalanthera longifolia f. angustifolia Maire & Weiller (1959)
  • Cephalanthera longifolia f. latifolia (Maire) Maire & Weiller (1959)
  • Cephalanthera longifolia var. pilosa Harz (1896)
  • Cephalanthera maravignae Tineo in G.Gussone (1844)
  • Cephalanthera pallens Rich. (1817)
  • Cephalanthera thomsonii Rchb.f. (1876)
  • Cephalanthera xiphophyllum Rchb.f. (1851)
  • Cephalanthera xiphophyllum var. latifolia Maire (1914)
  • Epipactis ensifolia F.W.Schmidt (1795)
  • Epipactis grandiflora (L.) Sm. (1795)
  • Epipactis grandifolia All. (1785)
  • Epipactis pallens Sw. (1805)
  • Epipactis pallida Sw. (1800)
  • Epipactis xiphophylla (Ehrh. ex L.f.) Sw. (1805)
  • Limodorum acuminatum (Wall. ex Lindl.) Kuntze (1891)
  • Limodorum grandiflorum (L.) Kuntze (1891)
  • Limodorum longifolium (L.) Kuntze (1891)
  • Serapias ensifolia Murray (1784)
  • Serapias grandiflora L. (1767)
  • Serapias helleborine var. longifolia L. (1753) (Basionymum)
  • Serapias lonchophyllum L.f. (1782)
  • Serapias longifolia (L.) Scop. (1772)
  • Serapias nivea Vill. (1787)
  • Serapias pallida Wahlenb. (1814)
  • Serapias xiphophyllum Ehrh. (1782)
  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. "Cephalanthera longifolia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de novembro de 2012. 
  3. Les Orchidées du Bassin méditerranéen. Cauwet, A. M. & M. Balayer (1984) Bull. Soc. Bot. France 131(2): 123
  4. en Epítetos Botánicos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar