Orquídea recendente

especie de planta
Orquídea recendente

Himantoglossum robertianum na serra de Carrascoy de Murcia, España.
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Orchidales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Orchidoideae
Tribo: Orchideae
Subtribo: Orchidinae
Xénero: 'Himantoglossum'
Parl. (1858)
Especie: 'H. robertianum'
Nome binomial
'Himantoglossum robertianum'
(Loisel.) P. Delforge 1999

A orquídea recendente, Himantoglossum robertianum,[1] é unha orquídea terrestre europea. En principio foi descrita baixo o nome de Orchis robertiana por Loiseleur, que lla dedicou ao seu amigo botánico G.-N. Robert, a continuación chamouse Barlia robertiana (nome asignado por Greuter), e posteriormente (1999), Pierre Delforge vinculouna ao xénero Himantoglossum.

Nomenclatura

editar

O epíteto robertiana indica ser a orquídea de Robert, en honra do botánico francés Gaspard Nicolas Robert (1776-1857).

Sinonímia:

  • Barlia robertiana (Loisel.) Greuter (1967)
  • Orchis robertiana Loisel. (1807) (Basionymum)
  • Orchis longibracteata Biv. (1806)
  • Orchis fragrans Ten. (1811)
  • Orchis foliosa Masson ex Ker Gawl. (1819)
  • Aceras longibracteatum Rchb.f. (1850)
  • Barlia longibracteata (Rchb.f.) Parl. (1858)
  • Loroglossum longibracteatum (Rchb.f.) Moris ex Ardoino (1867)
  • Himantoglossum longibracteatum (Rchb.f.) Schltr. (1914)

Localización e hábitat

editar

Planta vivaz que se atopa distribuída por todo o mediterráneo que en principio se desenvolve sobre chan de calcarias: garrigas, lugares herbosos, malezas, claros de bosques, noiros, bordo dos camiños.

Descrición

editar

É unha planta robusta, con dous (ás veces tres) bulbos máis ou menos ovoides, o seu talo de tronco groso estriado lonxitudinalmente. A súa altura pode variar de 15 a 80 cm, pero a maior parte do tempo non excede os 50 cm.

Follas basais en roseta (5 a 10 follas), verde clara, amplas, carnosas, brillantes, con nervaduras paralelas. Follas caulinares que abrazan o tronco.

A inflorescencia é unha espiga, en primeiro lugar máis ben piramidal, a continuación máis ben cilíndrica. Numerosas brácteas crenadas e lineais podendo alcanzar 3 cm. Flores con esporón orientado cara abaixo.

Os tépalos son estriados, rodeando o labelo, con cores variables do verde ao púrpura, os tres externos ovoides e conniventes, os dous internos lineais. O labelo, de rosa a púrpura, alárgase, de gran tamaño (a miúdo 2 cm), a lóbulo central con dous lóbulos laterais lineais similares a brazos curvados cara ao interior. Florece de febreiro a abril.

Polinización por insectos (entomofilia) sendo os seus polinizadores observados as abellas e os abellóns.

Os froitos son cápsulas. A diseminación das súas diminutas sementes é anemocora (polo vento).

Galería de imaxes

editar
  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar