Serra de Carrascoy

Vista da serra de Carrascoy nevada dende Librilla.

A serra de Carrascoy é un macizo montañoso situado na Rexión de Murcia e máis concretamente entre os municipios de Murcia, Fuente Álamo de Murcia e Alhama de Murcia, cunha superficie aproximada de 10.500 hectáreas. Está integrada dentro dun parque rexional denominado Carrascoy y el Valle.

É unha das estribacións montañosas da Cordilleira Penibética. Este macizo montañoso está formado por materiais do antigo macizo-herciniano Bético-rifeño, que se elevou durante a Oroxenia Alpina. Atópase rodeado por concas terciarias formadas por depresións arcillosas características no sueste da península Ibérica.

A paisaxe forestal está formada na maior parte polo piñeiro carrasco (Pinus halepensis) coa presenza dunha reducida poboación de sobreiras (Quercus suber). En canto á fauna, as aves son especialmente variadas con respecto aos mamíferos.