Liska! é un grupo de ska-punk-reggae fundado en Vigo a finais do 2010.

Liska!
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2010 - actualidade
Xénero(s)ska-punk-reggae
MembrosPaulo, Manolo, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex

TraxectoriaEditar

Liska! comeza a ensaiar en outubro de 2010. Pouco a pouco van sumándose músicos ata conformar a primeira formación: Luís (guitarra e voz), Juan "Chanquete" (batería), Brais Jorge (guitarra e voz), Álex (saxofón), Martín (teclado e Órgano Hammond), Soto (baixo), Iago (trompeta) e Fabio (trompeta).

Debutan o 6 de agosto de 2011 en Vigo con motivo dos Castroconcertos xunto a Ovos Podres. Tempo despois incorporouse ó grupo Paulo, achegando experiencia na música e nos escenarios así como a madurez nas novas letras que van xurdindo cos novos temas. Retoman brevemente nese momento a faceta dos concertos, aparecendo pola zona de Vigo nalgunhas ocasións.

O 2012 foi un ano importantísimo para a banda, incorporáronse novos membros despois da marcha doutros antigos por diversas circunstancias. A formación do grupo consolidouse cunha forte sección de ventos e cunha sección rítmica.

Entre as súas influencias están grupos clásicos do two-tone e ska-reggae como Madness, The Specials, The Skatalites, Bad Manners, Mr Review, The Selecter ou Toot and The Maytals; grupos do Rock radical vasco como Kortatu, La Polla ou Eskorbuto, e outros grupos máis actuais como Skarnio, Skalariak, Xenreira, Dakidarría, Transilvanians, Skacha, Banda Bassotti, Talco, Salida Nula, Reel Big Fish, Obrint Pas ou Diplomáticos de Monte-Alto.

MembrosEditar

  • Paulo, voz.
  • Pendi, batería.
  • Jana, teclado e hammond e voces.
  • Diego Falque, baixo.
  • Manolo, guitarra.
  • Álex, saxo tenor.
  • Alba, saxo alto e coros.
  • Paula, trombón e coros.
  • Sotelino, trompeta.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar



 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.