Transilvanians

grupo musical galego

Transilvanians é unha banda galega de música, formada en Vigo en 2004. Está composta por músicos doutras bandas da escena viguesa de estilos moi díspares, como o soul, funk, rythm and blues, ska, rocksteady ou o early reggae xamaicanos. O seu repertorio está formado por composicións propias e por versións de grupos coma The Skatalites, The Clash, Georgie Fame ou The Melodians.

Novedades Carminha
OrixeVigo,
Período2004 - presente
Na rede
http://www.transilvanians.com
Facebook: transilvanians Twitter: transilvanians MySpace: transilvanians Bandcamp: transilvanians Musicbrainz: ff7c268b-5f2b-4169-8d7b-0da94ceb9536 Discogs: 2018285 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En 2006 gravaron de forma analóxica cinco cancións nos estudios Muu! de Vigo. Os temas foron editados no Nadal dese ano polo selo El Ejecutor Records en formato CD/EP co título Transilvanians. Participaron na edición de A polo ghit coa canción "Kingston Town / Santiago DC".

Participaron no disco tributo a Potato, e en 201o gravaron diversos temas en Studio Juan, editados en dous traballos: un sinxelo en formato 7" editado por Liquidator Music chamado The Vault Of.., e o seu primeiro longa duración: Vampire Lover, editado polo seu propio selo ZombieJ Records.

Durante 2011 e 2012 participan nos tributos a Skacha e Os Resentidos e comezaron unha nova singladura acompañando como banda de directo a Roy Ellis a.k.a. Mr. Symarip, tocando por boa parte do territorio estatal e por outros países como Alemaña, Francia ou Portugal, gravando tamén este último ano o novo disco desta lenda do Reggae, You Can't Leave Now, un sínxelo onde regravan dúas vellas cancións dos anos 60's compostas por este grande artista.

No 2013 presentaron nova formación editando un novo EP chamado Kings Of Catacomb Reggay (Liquidator Music). Participaron nun compilatorio internacional tributo a The Clash, e fixeron a súa primeira xira europea por Alemaña e Bélxica. Foron galardoados co premio á mellor banda galega de Ska/Reggae/Mestizaxe nos Premios Galegos da Música.

En 2014 gravaron o seu segundo longa duración Echo Vibes & Fire (Liquidator Music), participaron no recompilatorio de bandas galegas Os Bolechas fan unha Banda, tocaron en directo cos pioneiros xamaicanos Winston Francis, Roy Panton e Yvonne Harrison, e fixeron a súa segunda xira europea por Francia, Alemaña, Holanda e Bélxica.

En 2015 voltan a Europa no seu terceiro tour que os leva por Francia, Alemaña e Holanda.

En 2016 graban dous novos singles co selo alemán Tropical Diaspora Records e con Liquidator Music de Madrid.

Membros editar

  • Charly "Doctor C" Varela - Guitarra.
  • Javi Vicalo - Baixo.
  • Martín McFly - Piano & Hammond.
  • Kino "L-Cobra" - Batería e voces.
  • Héctor Sartal - Trombón, voces e percusión.
  • Javier Marcos - Voz e percusión.
  • Iago Ramilo - Saxos e percusión.

Discografía editar

  • Police Oppression / Gates of the West - SG 7" (Liquidator Music 2016)
  • Two Fireworks in Hi-Fi - SG 7" (Tropical Diaspora Records ,2016)
  • Echo, Vibes & Fire - LP/CD (Liquidator Music, 2014)
  • Kings Of Catacomb Reggay - EP 7" (Liquidator Music, 2013)
  • Roy Ellis meets Transilvanians - You Can't Leave Now - SG 7" (Liquidator Music, 2012)
  • Vampire Lover - CD (Zombie J, 2010)
  • The Vault Of.. - SG 7" (Liquidator Music, 2010)
  • Transilvanians - CD/EP 7" (El Ejecutor/Zombie J, 2006)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar