The Selecter é unha banda ska inglesa. Nace coma unha banda rocksteady/ska, cunha forte influencia do estilo xamaicano dos 60.

The Selecter
OrixeCoventry, Inglaterra
Período1979 - 1982
1991 - actualidade
Xénero(s)ska, 2 tone
Selo(s) discográfico(s)2-Tone Records
Na rede
http://www.theselecter.net/
IMDB: nm2473059 Facebook: theselecter Twitter: TheSelecter Instagram: theselecterofficial MySpace: paulineblack Youtube: UCWCvnELYdQPd22Q6YR4GR-g Spotify: 3wRksusBxJ6npu0PryYheF iTunes: 541984 Last fm: The+Selecter Musicbrainz: 1329faaf-799f-44e2-91f9-87fe52f17afd Songkick: 10237 Discogs: 30117 Allmusic: mn0000504276 Deezer: 93342 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1977 a banda creou a súa primeira canción, composta polo guitarrista Neol Davis e o batería Rimshot Bradburry. Esta canción chamouse The Selecter. Nesa época comezaba a xurdir o movemento ska en Inglaterra, creándose bandas coma The Specials, que comezou un selo chamado 2-Tone. En 1979, cando The Specials necesitaba unha banda que lles fixera o lado B do seu primeiro sinxelo, chamado Gangsters, The Selecter aproveitou e participou coa súa única canción. No verán de 1979 constituíuse a banda, composta por:

  • Neol Davies: primeira guitarra
  • Compton Amanor: segunda guitarra
  • Desmond Brown: teclados
  • Arthur "gaps" Hendrikson: vocalista
  • Pauline Black: vocalista

A resposta do público foi moi masiva, polo que este ritmo comezou a facerse moito máis popular. The Selecter comezou ensaiando no Golden Cup e outras tabernas de Coventry. As cancións escritas foron arranxadas para obter un estilo ska. O seu primeiro concerto foi en Gloucester, e aínda que foi case un desastre, serviulles para facerse aínda máis populares. Pouco despois comezaron unha xira por toda Inglaterra. En 1979 gravaron o seu primeiro disco sós. Este tiña tres cancións, entre as cales sobresaía On my radio. Có tempo, este disco alcanzou lugares elevados nas clasificacións.

As temáticas das cancións expresaban unidade e harmonía, cousa que non abondaba dentro do grupo, a causa dunha mala racha provocada por unha forte crise dentro do selo 2-tone, que abandonaron a mediados dos 80. Na mesma época deixaron a banda o tecladista e o baixista, que foron substituídos por James Mackie e Adan Williams, respectivamente. Con esta nova formación, The Selecter gravou o seu segundo álbum, que se chamou Celebrate the bullet. Este álbum tivo moitos problemas, debido a que o sinxelo do mesmo nome foi prohibido en case tódalas radios, a causa do intento de asasinato de Ronald Reagan e do asasinato de John Lennon. Isto significou un quebro na banda, da que non se soubo nada ata dez anos despois, en 1990.

Discografía editar