Liga Española de Baloncesto 1958
A temporada 1958 da Primeira Divisón, celebrada entre o 19 de xaneiro e o 19 de maio de 1958, foi a segunda campaña da Liga Española de Baloncesto. Con respecto á edición anterior, mantívose o formato mudando o número de equipos de 6 a 10. Nesta edición, o Real Madrid, gañou o seu segundo título consecutivo e a participación na Copa de Europa. O máximo anotador foi de novo Alfonso Martínez do Real Madrid.[1]
Tipo | Liga Española de Baloncesto |
---|---|
Organizador | Liga Española de Baloncesto |
Localización e Datas | |
País | España |
Data | 1958 |
Equipos
editarOs seguintes son os equipos que competiron na segunda edición da Primeira Divisón.
Clasificación
editarPos | Equipo | PX | G | P | PF | PC | DP | Pts. | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Real Madrid (C) | 18 | 16 | 2 | 1241 | 880 | +361 | 34 | Copa de Europa |
2 | C. Juventud | 18 | 14 | 3 | 1059 | 821 | +238 | 31 | |
3 | CB Aismalíbar Montcada | 18 | 13 | 5 | 1031 | 866 | +165 | 31 | |
4 | Orillo Verde Sabadell | 18 | 13 | 5 | 1054 | 893 | +161 | 31 | |
5 | Estudiantes | 18 | 11 | 6 | 879 | 861 | +18 | 28 | |
6 | C. Hesperia Madrid | 18 | 7 | 11 | 1028 | 1032 | −4 | 25 | |
7 | RCD Español | 18 | 7 | 11 | 943 | 1092 | −149 | 25 | |
8 | CF Barcelona | 18 | 4 | 14 | 791 | 938 | −147 | 22 | |
9 | CD Layetano (D) | 18 | 2 | 16 | 759 | 1125 | −366 | 20 | Promoción de descenso |
10 | Canoe NC (P) | 18 | 2 | 16 | 814 | 1091 | −277 | 20 |
Promoción de descenso
editarOs equipos que ocuparon os postos noveno e décimo, CD Layetano e Canoe NC, tiveron que xogar unha eliminatoria pola permanencia ante equipos da promoción rexional. A eliminatoria xogouse ao mellor de dous encontros, téndose que xogar un desempate no caso de que cada equipo gañase un xogo. Nesta edición, o Canoe NC conseguiu a permanencia, mentres que o CD Layetano descendeu.
Equipo 1 | Total | Equipo 2 | 1º xogo | 2º xogo | 3º xogo |
---|---|---|---|---|---|
CD Layetano | 1–2 | La Salle Josepets | 48–60 | 62–38 | 32–45 |
Canoe NC | 2–0 | Parque Móvil | 59–39 | 44–24 |
Líderes estatísticos
editarPuntos
editarPosto | Xogador | País | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|---|
1 | Alfonso Martínez | España | Real Madrid | 310 |
2 | Jorge Bonareu | España | Orillo Verde Sabadell | 303 |
3 | Carlos Sevillano | España | C. Hesperia Madrid | 290 |
4 | Constantino Nadal | España | C. Hesperia Madrid | 276 |
5 | Johnny Báez | Porto Rico | Real Madrid | 269 |
6 | José Brunet | España | C. Juventud | 253 |
7 | Vicente Lloret | España | RCD Español | 250 |
8 | Jorge Parra | España | C. Juventud | 245 |
9 | Francisco Pleguezuelos | España | Canoe NC | 233 |
10 | Nino Buscató | España | CF Barcelona | 216 |
Notas
editar- ↑ "Liga Española 1958". Linguasport.