Abrir o menú principal

Liñaza

Sementes do liño
Liñaza (sementes de liño)

A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum)[1]. Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo[2]). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega 3, Omega 6, e Omega 9. Este aceite úsase ademais na industria cosmética, na fabricación del linóleo e na dilución para tintura de teas. A calidad deste varía tanto coa calidade da materia prima empregada como cos procesos de prensado empregados para a súa extracción. Pódese diferenciar basicamente o aceite obtido en frío, de maior calidade, do obtido con axuda de temperatura. A calidade varía de diversos factores, entre eles o contido de mucilaxes.[3]

Os aceites secantes empregados primordialmente en actividades artísticas son: o de liñaza, durmideira e de noces; todos eles con características no secado e emprego particulares. Como unha variación deste aceite atópase o aceite negro, cuxo descubrimento atribúese a Jan Van Eyck. Prodúcese cocendo o aceite de liñaza con carbonato de chumbo a un 10 por cento e dentes de allo como catalizador. Obtense un aceite mestoque se filtra cando se decanta o carbonato de chumbo, que aparece como cinsento plúmbeo. Este aceite negro pódese decolorar e converter en rubio, baténdoo con auga osixenada.

A liñaza ten propiedades nutricionais interesantes e efectos potencialmente beneficiosos para a saúde. Estas propiedades débense á súa composición química, como a gran cantidade de fibra dietética, ácidos graxos poliinsaturados e fitoquímicos como os lignanos. Un 25-30% da semente de liñaza componse de fibra dietética da cal unha terceira parte é fibra solúbel e o resto fibra insolúbel.

UsosEditar

O aceite de liñaza úsase na medicina alternativa como laxante lixeiro, por mor do se contido en ácido linólico.

En Bolivia, Perú e Colombia prepárase un refresco a base de liñaza moia, acompañada dun pouco zume de limón.

O aceite de liñaza tamén é apreciado nas dietas vexetarianas e/ou veganas, xa que é a principal fonte vexetal de ácidos omegas esenciais para o organismo.

NotasEditar

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=li%C3%B1aza&sinom=0&homonimo= |título=Nome e definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=07 de decembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141208104712/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=li%C3%B1aza&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=08 de decembro de 2014 |urlmorta=si }}
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Ricky W. Fedeniuk, Costas G. Biliaderis. 1994. Composition and physicochemical properties of linseed (Linum usitatissimum L.) mucilage. Journal of Agricultural and Food Chemistry 42 (2): 240-247.'

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar