Les Misérables
Les Misérables[3] (en galego, "Os miserables"), é unha novela histórica francesa de Victor Hugo publicada en 1862, considerada unha das máis grandes novelas do século XIX.
Les Misérables | |
---|---|
Jean Valjean como Monsieur Madeleine. Ilustración de Gustave Brion | |
Autor/a | Victor Hugo |
Ilustrador/a | Emile Bayard |
Orixe | Publicado por primeira vez en Bélxica mentres o autor estaba nun exilio autoimposto en Guernsey |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Novela épica, novela histórica, traxedia[1][2] |
Editorial | A. Lacroix, Verboeckhoven & Cie. |
Data de pub. | 1862 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A novela comeza en 1815 e culmina en 1832 coa revolución de xuño en París. Segue as vidas e as interaccións entre varias personaxes, especialmente as dificultades do exconvito Jean Valjean e a súa experiencia de redención.[4] Examinando a natureza da lei e da graza, a novela afonda na historia de Francia, a arquitectura e o deseño urbano de París, a política, a filosofía moral, o antimonarquismo, a xustiza, a relixión e os tipos e a natureza do amor romántico e familiar.
Les Misérables foi popularizado grazas a múltiples adaptacións no cinema, na televisión e no teatro.
Partes
editar- Volume I: Fantine
- Volume II: Cosette
- Volume III: Marius
- Volume IV: o idilio na Rue Plumet e a épica na Rue St. Denis
- Volume V: Jean Valjean
Recepción contemporánea
editarA aparición da novela foi un evento anticipado, xa que Victor Hugo estaba considerado un dos principais poetas de Francia da súa época. The New York Times anunciou a súa próxima publicación xa en abril de 1860.[5] Unha campaña de publicidade masiva[6] precedeu a publicación dos primeiros dous volumes de Les Misérables en Bruxelas o 30 ou 31 de marzo e en París o 3 de abril de 1862.[7] O resto dos volumes apareceron o 15 de maio de 1862.
As reaccións críticas foron de amplo rango, en ocasións negativas. Algúns críticos atoparon o asunto inmoral, outros queixáronse do sentimentalismo e outros preocupáronse pola aparente simpatía cos revolucionarios. L. Gauthier escribiu en Le Monde o 17 de agosto de 1862: "Un non pode lela sen unha repulsión invencible todos os detalles que Monsieur Hugo dá sobre o éxito dos plans de complot".[8] Os irmáns Goncourt xulgaron a novela artificial e decepcionante.[9] Flaubert non atopou "verdade nin grandezas" nela.[10] Nunha crítica nun xornal, Charles Baudelaire eloxiou o éxito de Hugo en centrar a atención pública nos problemas sociais, aínda que pensou que esa propaganda era oposta á arte. En privado describiuna como "inmunda e inepta" ("immonde et inepte").[11] A igrexa católica incluíuna no Index Librorum Prohibitorum.[12]
A novela foi un éxito comercial e un libro popular dende a súa publicación.[13][14] O mesmo ano da súa publicación foi traducida a varias linguas, incluíndo inglés,[15] italiano, grego e portugués, facéndose popular en toda Europa.
Adaptacións
editarDende a publicación orixinal, Les Misérables foi obxecto de numerosas adaptacións en diferentes medios. Algúns exemplos son:
- Filme de 1934, versión francesa de 4½ horas dirixida por Raymond Bernard e protagonizada por Harry Baur, Charles Vanel, Florelle, Josseline Gaël e Jean Servais.
- Filme de 1935 de Richard Boleslawski, con Fredric March e Charles Laughton, candidata ao Óscar ao mellor filme.
- Adaptación radiofónica de 1937 de Orson Welles.[16]
- Filme de 1952 de Lewis Milestone, con Michael Rennie e Robert Newton.
- Filme de 1958 de Jean-Paul Le Chanois, con Jean Gabin, Bernard Blier e Bourvil.[17] Chamada "a versión cinematográfia máis memorables", foi filmada en Alemaña Oriental e é manifestamente política.[18]
- Telefilme de 1978, con Richard Jordan e Anthony Perkins.
- Musical de 1980, de Alain Boublil e Claude-Michel Schönberg.[19]
- Filme de 1982, de Robert Hossein, con Lino Ventura e Michel Bouquet.
- Filme de 1995, de Claude Lelouch, con Jean-Paul Belmondo[20]
- Filme de 1998, con Liam Neeson e Geoffrey Rush.[21]
- Miniserie de 2000, con Gérard Depardieu e John Malkovich.[22]
- Anime de 2007, de Nippon Animation.
- Filme de 2012, adaptado do musical, con Hugh Jackman, Russell Crowe, Anne Hathaway e Amanda Seyfried.[23]
- Miniserie de 2018 de Andrew Davies, con Dominic West, David Oyelowo e Lily Collins.[24]
Notas
editar- ↑ Carter, Alice (24 de decembro de 2012). "Victor Hugo's 150-year-old tragedy continues to excite on stage and film". Triblive. Consultado o 29 de xuño de 2020.
- ↑ Matt, Rawle (17 de decembro de 2019). The Grace of Les Miserables Youth Study Book. ISBN 9781501887222.
- ↑ "Les Misérables". Longman Dictionary of Contemporary English. Longman. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ "BBC News – Bon anniversaire! 25 facts about Les Mis". BBC Online. 1 de outubro de 2010. Consultado o 1 de outubro de 2010.
- ↑ "Personalities.". The New York Times. 10 de abril de 1860. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
- ↑ La réception des Misérables en 1862 – Max Bach – PMLA, Vol. 77, No. 5 (decembro de 1962)
- ↑ "Les Misérables, Victor Hugo, first edition, 1862". ABE Books. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ Goncourt, Edmond et Jules, Journal, Vol. I, Laffont, 1989, ISBN 2-221-05527-6, April 1862, pp. 808–09
- ↑ "Letter of G. Flaubert to Madame Roger des Genettes – July 1862". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2006. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ Hyslop, Lois Bee (outubro de 1976). "Baudelaire on Les Misérables". The French Review 41 (1): 23–29.
- ↑ Turner, David Hancock (18 de xaneiro de 2013). "Les Misérables and Its Critics". Jacobin. Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ Yourcenar, Marguerite. "Réception des Misérables en Grèce" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2011. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ "Réception des Misérables au Portugal". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ Moore, Olin H. (marzo de 959). "Some Translations of Les Misérables". Modern Language Notes 74 (3): 240–46. JSTOR 3040282. doi:10.2307/3040282.
- ↑ Radio Programs Scheduled for this Week, The New York Times, 25 de xullo de 1937
- ↑
- Les Misérables na IMDb (en inglés).
- ↑ Behr, Edward (1993). The Complete Book of Les Misérables. New York: Arcade. p. 29.
- ↑ The Broadway League. "The official source for Broadway Information". IBDB. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ AlloCine. "Les Misérables". Consultado o 23 de setembro de 2015.
- ↑
- Les Misérables na IMDb (en inglés).
- ↑
- Les Misérables na IMDb (en inglés).
- ↑
- Les Misérables na IMDb (en inglés).
- ↑ Otterson, Joe (9 de xaneiro de 2018). "David Oyelowo, Dominic West, Lily Collins to Star in BBC's Les Misérables Miniseries". Variety.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Les Misérables |
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
Ligazóns externas
editar- Les Misérables en CliffsNotes.com
- Les Misérables en Internet Movie Database
- French text of Les Misérables
- Crítica de Edwin Percy Whipple The Atlantic Monthly, xullo de 1862.