Les Misérables (filme de 1998)
Les Misérables é unha longametraxe dirixida por Bille August estreada nos cines o 1 de maio de 1998. O guión foi escrito por Rafael Yglesias e é unha adaptación cinematográfica da novela homónima de 1862, do escritor francés Victor Hugo.
Les Misérables | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Os Miserables |
Director | Bille August |
Produtor | Sarah Radclyffe James Gorman |
Guión | Rafael Yglesias |
Baseado en | Les Misérables, de Victor Hugo |
Intérpretes | Liam Neeson Geoffrey Rush Uma Thurman Claire Danes |
Música | Basil Poledouris |
Fotografía | Jörgen Persson |
Montaxe | Janus Billeskov-Jansen |
Estudio | Mandalay Entertainment |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 1 de maio de 1998 |
Duración | 134 minutos |
Orixe | Reino Unido Alemaña Estados Unidos |
Orzamento | 14 096 322 $[1] |
Na rede | |
Como ocorre na novela orixinal, a trama segue a vida de Jean Valjean (Liam Neeson), un excondenado (en liberdade condicional tras 19 anos de traballos forzados por roubar comida) perseguido polo Inspetor Javert (Geoffrey Rush). Foi filmado nos Estudos Barranov de Praga.
Sinopse
editarA película conta a vida de Jean Valjean (Liam Neeson), un home preso por roubar pan. Posto en liberdade condicional tras cumprir 19 anos, Valjean é recibido na casa dun bispo. Aínda así, pola noite Valjean rouba a prata do bispo, mais cando a policía lle pregunta sobre o roubo, el asegura que lle dou a prata a Valjean e dálle dous candelabros. Logo de 9 anos, Valjean convértese nun rico industrial e alcalde. A súa paz finaliza cando Javert (Geoffrey Rush), un inspetor de policia, que anteriormente fora garda da prisión onde Valjean permanecera, o recoñece e ten case a certeza de que o alcalde é un exprisioneiro que nunca se presentou para cumprir as esixencias da liberdade condicional. Mentres tanto, Fantine (Uma Thurman), unha das empregadas da fábrica de Valjean é despedida por ser nai solteira e vese obrigada a prostituírse para enviar cartos para as persoas que coidan da súa filla. Cando Javert a prende, o seu antigo xefe emprega a súa autoridade para liberala e a recibe na súa casa, xa que ela está enferma. Javert non consegue demostrar a verdadeira identidade do alcalde, xa que outro home, Carnot, é confundido con el e está a piques de ser arrestado. Valjean vai ao tribunal e revela a súa identidade. Cando visita Fantine, descobre que ela está gravemente enferma e, sentindo que pode morrer promete criar á súa filla Cosette. Cando Fantine morre, Valjean escapa de Javert, rescata a Cosette dos Thénardiers e foxe con ela en dirección a París perseguido por Javert ao longo dos anos.
Varios anos despois, Cosette (Claire Danes) é unha adolescente e se namora dun revolucionario, Marius (Hans Matheson). Javert traballa de incógnito como un revolucionario para destruír o movemento ao que Marius pertence. Porén, Javert é descuberto e capturado por Marius, quen o leva ás barricadas para executalo. Valjean descobre o amor entre Cosette e Marius e diríxese ás barricadas para convencer ao mozo revolucionario para que regrese con Cosette. Valjean pídelle a Marius que lle permita executar a Javert. Valjean leva ao prisioneiro a un canellón, mais en lugar de executalo o libera. A película finaliza con Javert suicidandose, xa que non pode aceptar a bondade do acto de Valjean.
Elenco
editarActor | Personaxe |
---|---|
Liam Neeson | Jean Valjean |
Geoffrey Rush | Javert |
Uma Thurman | Fantine |
Claire Danes | Cosette |
Hans Matheson | Marius Pontmercy |
Jon Kenny e Gillian Hanna | Os Thénardier |
John McGlynn | Carnot |
Shane Hervey | Gavroche |
Mimi Newman | Cosette (nena) |
Lennie James | Enjolras |
Sylvie Koblizkova | Éponine |