Leonor de Aragón (1402-1445)
Leonor de Aragón, nada o 2 de maio de 1402 e finada en Toledo o 19 de febreiro de 1445), foi unha infanta aragonesa, que foi raíña consorte de Portugal polo seu matrimonio con Duarte I e, á morte deste, rexente durante parte da minoría de idade do seu fillo Afonso.
Leonor de Aragón | |
---|---|
Infanta de Aragón Raíña consorte de Portugal | |
![]() | |
Leonor de Aragón, consorte do rei Duarte I de Portugal [1] | |
Nacemento | 2 de maio de 1402 Medina del Campo, Reino de Castela e León |
Falecemento | 19 de febreiro de 1445 Toledo, Reino de Castela e León |
Sepultura | Mosteiro de Batalha ou de Santa María da Vitória |
Consorte | Duarte I |
Descendencia | Véxase: Descendencia |
Casa real | Trastámara |
Proxenitores | Fernando I de Aragón Leonor de Alburquerque |
![]() Armas da Coroa de Aragón | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Orixes familiaresEditar
Era filla do rei Fernando I de Aragón e da súa esposa Leonor de Alburquerque, condesa de Alburquerque.
Por vía materna era neta de Beatriz de Portugal e, por tanto, bisneta do rei Pedro I de Portugal e Inés de Castro.
Tivo cinco irmáns e unha irmá: Afonso, María, Xoán, Henrique, Sancho e Pedro.
TraxectoriaEditar
Alianza dos infantes de Aragón cos infantes de Portugal, contra CastelaEditar
En 1428 casou co herdeiro do trono portugués, Eduardo, e foi raíña consorte de Portugal dende a ascensión de Eduardo o trono en 1433 ata a morte deste en 1438. A voda foi concertada polo seu irmán Afonso e Pedro de Noronha, arcebispo de Lisboa e fillo do conde Alfonso de Noronha. Segundo as crónicas:
Llevó esta princesa en dote docientos mil florines: los cien mil que le dio la reina, su madre, y los otros cien mil había de pagar el rey de Aragón, su hermano, en diez años. Y diéronsele en arras treinta mil florines de oro de Aragón, y señalósele por cámara la mitad de las rentas y tierras que tenía la reina doña Felipa, madre del infante, y en sucediendo en el reino, que tuviese enteramente aquel estado.[2]
Con este enlace rubricábase a alianza dos infantes de Aragón cos infantes de Portugal contra o rei de Castela e os que levaban o cargo do goberno da súa persoa e estado (ou, o que é o mesmo, contra o condestable Álvaro de Luna). Ó paso do séquito da infanta camiño de Portugal por Valladolid, onde residía a corte nese momento, celebráronse xustas e correron lanzas con notable esplendor e boato na honra do acontecemento até que se reemprendeu a marcha o 21 de xullo de 1428.
Morte do rei DuarteEditar
Trala morte do su esposo o rei Eduardo, foi designada polas Cortes de Torres Novas de 1438 rexente do reino durante a minoría do primoxénito e herdeiro, Afonso, que nese momento tiña só seis anos. Este feito provocou os receos dos grandes do reino, que formaron un partido arredor do infante Pedro, ó que atribuían mellor dereito para exercer a rexencia. Nas Cortes de Lisboa de 1439, Leonor foi obrigada a abandonar o cargo de rexente do reino, que lle foi encomendado a Pedro de Portugal, tío do neno.
Morte e sepulturaEditar
Leonor retirouse a Castela e faleceu no mosteiro de Santo Domingo el Real de Toledo o 19 de febreiro de 1445,[3] envelenada —en opinión de Jerónimo de Zurita— polo Condestable de Castela.
Recibiu sepultura no convento de Santa María da Vitoria en Batalha.
DescendenciaEditar
Do seu matrimonio co rei Duarte naceron varios fillos, aínda que só algúns chegaron a adultos:
- Afonso, que reinaría en Portugal co nome de Afonso V;
- Fernando, pai do rei Manuel I de Portugal;
- Leonor, esposa do emperador Frederico III de Habsburgo;
- Catarina, relixiosa e escritora
- Xoana, segunda esposa de Henrique IV de Castela.
Antepasados de Leonor de AragónEditar
16. Afonso XI de Castela | ||||||||||||||||
8. Henrique II de Castela | ||||||||||||||||
17. Leonor de Guzmán | ||||||||||||||||
4. Xoán I de Castela | ||||||||||||||||
18. Don Juan Manuel | ||||||||||||||||
9. Xoana Manuel de Villena | ||||||||||||||||
19. Branca Núñez de Lara | ||||||||||||||||
2. Fernando I de Aragón | ||||||||||||||||
20. Afonso IV de Aragón | ||||||||||||||||
10. Pedro IV de Aragón | ||||||||||||||||
21. Teresa de Entenza | ||||||||||||||||
5. Leonor de Aragón | ||||||||||||||||
22. Pedro II de Sicilia | ||||||||||||||||
11. Leonor de Sicilia | ||||||||||||||||
23. Isabel de Carintia | ||||||||||||||||
1. Leonor de Aragón | ||||||||||||||||
24. Fernando IV de Castela | ||||||||||||||||
12. Afonso XI de Castela | ||||||||||||||||
25. Constanza de Portugal | ||||||||||||||||
6. Sancho de Castela | ||||||||||||||||
26. Pedro Núñez de Guzmán | ||||||||||||||||
13. Leonor de Guzmán | ||||||||||||||||
27. Xoana Ponce de León | ||||||||||||||||
3. Leonor de Alburquerque | ||||||||||||||||
28. Afonso IV de Portugal | ||||||||||||||||
14. Pedro I de Portugal | ||||||||||||||||
29. Beatriz de Castela | ||||||||||||||||
7. Beatriz de Portugal | ||||||||||||||||
30. Pedro Fernández de Castro | ||||||||||||||||
15. Inés de Castro | ||||||||||||||||
31. Aldonza Lorenzo de Valladares | ||||||||||||||||
Predecesor: Filipa de Lencastre |
Raíña consorte de Portugal 1433 - 1438 |
Sucesor: Isabel de Avis |
NotasEditar
- ↑ En opinión de moitos historiadores e estudosos, esta imaxe corresponde non á raíña Leonor, senón a Isabel, irmá do rei Duarte.
- ↑ Zurita 1998.
- ↑ Arco y Garay 1945, p. 374.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leonor de Aragón |
BibliografíaEditar
- Arco y Garay, Ricardo del (1945). Sepulcros de la Casa Real de Aragón. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11818414.
- Pina, Ruy de (1790). "Chronica do Senhor Rey dom Affonso V". Collecção de livros ineditos de Historia Portugueza. Tomo 1. Lisboa: Academia Real das Sciencias.
- Zurita, Jerónimo (1998). Madrid: Institución Fernando el Católico (CSIC), ed. Anales de la Corona de Aragón (PDF).
- Ventura, Margarida Garcez & Araujo, Julieta (2011): D. Leonor de Aragão: A Triste Rainha - 1402(?)-1445. Lisboa / Vila do Conde: Academia Portuguesa da História / QuidNovi. ISBN 978-98-9554-792-0.
- Rodrigues, Ana Maria S. A. (2013): As Tristes Rainhas. Leonor de Aragão - Isabel de Coimbra. Lisboa: Temas e Debates. Bertrand Editora ISBN 978-98-9644-238-5.