Laureano Oubiña

empresario e contrabandista galego


Laureano Oubiña Piñeiro, nado na Modia (Cambados) o 30 de marzo de 1946, é un empresario, contrabandista e narcotraficante galego.

Infotaula de personaLaureano Oubiña

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Modia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPazo Baión (1987–1995) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónContrabando , narcotraficante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEsther Lago García (1983–2001)
Rosa María Carro (en) Traducir (1964–1983) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3851037 Editar o valor em Wikidata

Foi condenado en tres ocasións por delitos contra a saúde pública: en 1990, no marco do sumario 13/90 (máis coñecido como Operación Nécora), foi condenado a 12 anos de prisión por tráfico de tabaco. A segunda foi de 4 anos de prisión por traficar en 1997 con 6 toneladas de haxix desde Galiza até os Países Baixos. A terceira foi de 6 anos e nove meses, por dirixir unha banda que intentou introducir en España 12,5 toneladas de haxix en 1999 no do barco Regina Maris. Amais, en 1994 foi condenado a 12 anos por branqueo de cartos, pero finalmente foi absolto e condenado a 6 anos por delitos fiscais.

En 1983 fora detido por contrabando de tabaco en Platja d’Aro (Xirona).

O 10 de febreiro de 2014 ingresa outra vez en prisión[1] para cumprir unha condena de 4 anos e 7 meses que lle fora imposta en 2012 pero que recorrera por motivos de saúde, finalmente rexeitada a súa solicitude a Audiencia Nacional pide o seu ingreso en prisión.

Traxectoria editar

Nacido no barrio cambadés da Modia, comezou a traballar con 10 anos na tenda de ultramarinos dos seus pais, e con 15 comezou a repartir en furgoneta produtos para feirantes ambulantes. Con 17 comezou a facer contrabando de gasóleo e café co seu tío, e meses despois fundou a súa propia empresa e empezou co tráfico ilegal de tabaco. Traballou de camioneiro e de empresario vitivinícola, facendo albariño nas viñas do Pazo Baión.

Con 18 anos casou con Rosa María Carro Otero, coa que ten oito fillos. En 1983 divorciouse, deixándoa por Esther Lago, até entón a súa secretaria e coa que tivo dúas fillas, da que enviuvou o 28 de febreiro de 2001 por mor dun accidente de tráfico.

Relación coa xustiza editar

O seu avogado é Joaquín Ruiz Giménez Aguilar, e anteriormente foi defendido por Pablo Vioque.

Estivo 13 meses como prófugo para eludir a súa segunda condena, pero foi detido en Grecia en outubro de 2000. Estivo no centro penitenciario de Alcalá-Meco entre outono de 2000 e o 30 de marzo de 2004, cando foi trasladado á prisión de Zuera (provincia de Zaragoza), estando inscrito no FIES (ficheiro de internos de especial seguimento).

O 29 de abril de 2004 envioulles unha carta manuscrita aos deputados do Congreso Joan Puigcercós (ERC), Gaspar Llamazares (IU) e José Antonio Labordeta (Chunta Aragonesista) «con la finalidad de comentarles algunos puntos relacionados con la situación penitenciaria, esperanzado que desde su privilegiada posición, ver si es posible que ustedes aporten un grano de arena mejorando con ello toda esa crítica situación». A misiva remataba coa expresión «¡Viva la III República!».

O 28 de novembro de 2004 iniciouse en Madrid un novo xuízo por narcotráfico, e pediuse para el unha pena de seis anos e nove meses de prisión.

En 2008 estaba na prisión de Villena (provincia de Alacant), e en xuño de 2010 estaba pendente de ser excarcerado da prisión de Topas (Salamanca) logo de cumprir a súa pena.[2] En setembro de 2011, mentres cumpría a pena na prisión de Dueñas (Palencia), concedéuselle o terceiro grao e puxérono en liberdade o 17 de xullo de 2012.[3] Reingresou en prisión o 10 de febreiro de 2014 tras seren desestimados os recursos contra a súa condena por branqueo de capitais. O 13 de marzo de 2017, mentres cumpría prisión en Navalcarnero, o xuíz de vixilancia penitenciaria concedeulle o terceiro grao penitenciario, cos informes en contra de institucións penitenciarias, e Oubiña abandonou o cárcere.[4]

Notas editar

  1. abc. "El narco Laureano Oubiña ingresa en prisión". 
  2. "Laureano Oubiña continuara no cárcere" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo n' A Nosa Terra, 7 de xuño de 2010
  3. "Laureano Oubiña sale de prisión". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-07-17. Consultado o 2022-12-12. 
  4. "Laureano Oubiña sale en libertad". El País. 13 de marzo de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar