Zuera é un concello español situado na provincia de Zaragoza, en Aragón. Atópase a 25 km ao norte da cidade de Zaragoza, en dirección Huesca. En 2016 tiña 7978 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaZuera
Imaxe

Localización
Mapa
 41°52′09″N 0°47′17″O / 41.869166666667, -0.78805555555556Coordenadas: 41°52′09″N 0°47′17″O / 41.869166666667, -0.78805555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza
ComarcaZaragoza Editar o valor em Wikidata
CapitalZuera Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.677 (2023) Editar o valor em Wikidata (26,12 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie332,249586 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude280 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAntonio Jesús Bolea Gabaldón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50800 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE50298 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webayunzuera.com Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

A vila de Zuera está emprazada en ambas as marxes do río Gállego, a 25 km de Zaragoza e a 46 km de Huesca. Pertencente á comarca de Zaragoza, é o cuarto concello con máis habitantes da mesma, despois da capital, Utebo e Cuarte de Huerva. O termo municipal, de 333,17 km², é o quinto máis grande da provincia e a maior parte dos asentamentos urbanos localízanse na ribeira do Gállego, seguindo o eixo lonxitudinal que marcan a autovía Mudéxar, a estrada N-330 e a liña de ferrocarril. Presenta fortes variacións topográficas, desde os 746 msnm de La Lomaza ata os 279 msnm do centro urbano, xunto ao río.

Conforma xunto coas localidades de San Mateo de Gállego, Villanueva de Gállego, Gurrea de Gállego, La Paúl e El Temple a rexión coñecida como Bajo Gállego, aínda que esta zona non funciona como comarca administrativa.

Demografía editar

Tiña en 2016 unha poboación de 7.978 habitantes, agrupados nos núcleos de Zuera, El Portazgo, Las Galias, Barrio de la Estación, Ontinar de Salz e Las Lomas del Gállego.

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2008
2.471 2.825 3.598 3.860 4.420 4.793 5.340 5.122 5.168 5.294 5.640 6.424 7.288

Economía editar

A principal base económica de Zuera é a agricultura, con 18.012 hectáreas de labor de acordo ao Censo Agrícola de 1972, das que unha quinta parte corresponde a regadío. O regadío no fondo do val recibe a auga de quenllas derivadas do Gállego e da Canle da Violada. Os produtos principais son o millo, a alfalfa, o trigo, algunhas praderías e cultivos hortícolas.

A actividade industrial foi progresivamente adquirindo maior protagonismo. Entre as industrias instaladas destacan as alimentarias, téxtiles, construción e outras. O despegamento industrial de Zuera empezou a finais da década de 1960, ao inaugurarse o polígono El Campillo. Na actualidade, o polígono industrial Los Llanos de la Estación, construído pola SEPES a iniciativa municipal, conta cun elevado nivel de ocupación.

Lugares de interese editar

  • Igrexa de San Pedro
  • Ermida da Virxe do Salz
  • Arco da Mora
  • Montes de Zuera
  • Parque fluvial do Gállego

Festas e celebracións editar

As festas maiores celébranse entre o 25 e o 30 de agosto na honra a San Licer, patrón de Zuera. En Pentecoste realízase a romaría á ermida da Virxe do Salz. Outras celebracións destacadas son o San Xurxo, o 23 de abril, e a Festa do Cristo, a segunda fin de semana de setembro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar