Lampedusa é unha illa italiana fronte a costa de Tunisia, é a illa principal do grupo das illas Peláxicas, parte da rexión de Sicilia e da provincia de Agrigento. O seu nome latino foi Lopadussa (grego: Λοπαδυῦσσα).

Modelo:Xeografía físicaLampedusa
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Peláxicas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Peláxicas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLampedusa e Linosa, Italia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°31′N 12°35′L / 35.52, 12.58
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude133 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións8 (lonxitude) km
Superficie20,2 km² Editar o valor en Wikidata

Etimoloxía

editar

O nome Lampedusa deriva do nome grego antigo da illa, Λοπαδούσσα ou Λαπαδούσσα (Lopadoússa/Lapadoússa). Suxeriuse que o nome deriva da palabra λέπας (lépas), que significa 'rocha', debido á paisaxe rochoso da illa. Esta palabra tamén utilizarona os gregos para unha especie de ostra e a illa pódese chamar así debido á abundancia deste tipo de ostra. Outros estudosos cren que o nome deriva de λαμπάς (lampás), que significa 'facho', debido ás luces que foron colocadas na illa para os mariñeiros.[1]

Xeografía

editar

Lampedusa é o punto máis meridional da República de Italia. Tamén é a illa máis austral de Italia. Política e administrativamente Lampedusa é parte de Italia, pero xeoloxicamente pertence a África, xa que o mar que as separa non ten unha profundidade de máis de 120 metros. Lampedusa é unha illa árida, dominada por unha paisaxe de garriga, sen outras fontes de auga que non sexan as choivas irregulares. A fauna e a flora de Lampedusa son similares aos do norte de África.

Está a uns 40 km da illa de Linosa e a uns 15 km da illa de Lampione, e as tres forman as illas Peláxicas. A súa superficie é de 20 km² e a poboación de 6.300 habitantes. A principal altura é o Monte Albero na vertente noroccidental con 133 metros. En xeral a illa ten dúas ladeiras, de oeste a leste, e de norte a sur da illa. O lado sur-occidental está dominado por profundas gargantas, mentres que a parte sueste está dominada por vales pouco profundos e praias de area. Toda a costa norte está dominada por cantils: cantils suavemente inclinados na costa leste e cantils verticais na costa oeste.

Ten un clima africano caloroso e húmido. É lugar turístico e balneario, e ultimamente centro de acollida de emigrantes ilegais do Magreb.

A capital é Lampedusa, no sueste, con tres calas delimitadas polas puntas Giutgia e Maccaferri.

Historia

editar

Historicamente, Lampedusa era un lugar de desembarco e base marítima para os antigos fenicios, gregos, romanos e bérberes. Os romanos estableceron unha industria de produción da estimada salsa de peixe coñecida como "garum" e utilizárona de base naval. En 812 (ou 813),[2] durante o dominio Aglabí a illa foi saqueada polos sarracenos durante as guerras árabes-bizantinas en curso.[3][4] En 1553 Piratas berberiscos do Norte de África baixo o mando do Imperio Otomán, atacaron Lampedusa e levaron a 1.000 cativos á escravitude.[5] Como resultado dos ataques de piratas, a illa quedou deshabitada e foi considerada dependencia de Sicilia.

O primeiro príncipe de "Lampedusa e Linosa" foi Ferdinand Tommasi, antepasado do famoso escritor Giuseppe Tomasi di Lampedusa, que recibiu o título de Carlos II en 1667 . Un século máis tarde, a familia Tomassi comezou un programa de repoboación.

No 1760 seis franceses obtiveron un permiso da Porta otomá a través do val de Malta, que lles permitía instalarse en Lampedusa e a poboación chegou entón a 40 persoas. No 1783 unha epidemia de peste portada de Tripolitana afectou aos poboadores. Seis malteses instaláronse no 1791 enviados polos franceses desde Malta. Cara ao 1800 os americanos consideraron anexionar a illa, e os ingleses reclamarona tamén en virtude do tratado de Amiens, en cuxo tempo naufragaron as mozas palermitanas Rosina e Clelia, que despois casaron con Guido e Sinibaldi, que as rescataran.

O 24 de xuño de 1800 o maltés Salvatore Gatt fixo un contrato de enfiteuse co príncipe de Lampedusa. Gatt concedeu despois unha parte da illa ao inglés Alessandro Fernandes, que formou unha colonia dunhas 400 persoas, pero a colonia fracasou e quedou abandonada en 1813. Pouco despois os herdeiros de Gatt volveron á illa co seu parente de Malta Fortunato Frendo, e finalmente instalaron unha colonia o 22 de setembro de 1843. O goberno das Dúas Sicilias enviou un comandante, un síndico, un chanceler, cura, médico, sanitarios, gardas, tropa e todo o necesario, e aínda que unha parte dos colonos emigraron cara a Sfax, a colonia empezou a prosperar.

A partir de 1860, cando pasou a Italia, converteuse en colonia penal.

 
costa de Lampedusa

Na segunda guerra mundial a illa foi ocupada polos británicos en 1943, á operación Corkscrew, que precedeu á invasión de Sicilia. Nos anos sesenta a parte occidental converteuse en base da OTAN. O 15 de abril de 1986 Libia disparou tres mísiles Scud contra a estación americana en represalia polo bombardeo americano de Trípoli e Bengasi.

Inmigración do norte de África

editar
 
Migrantes chegando á illa de Lampedusa en agosto de 2007

Desde principios dos anos 2000, Lampedusa, o territorio europeo máis próximo a Libia, converteuse nun importante punto de tránsito para os inmigrantes irregulares de África, Oriente Medio e Asia que queren entrar en Europa. En 2004, os gobernos libio e italiano chegaron a un acordo segredo que obrigaba a Libia a aceptar inmigrantes africanos deportados desde territorios italianos. Isto resultou na repatriación masiva de moitas persoas de Lampedusa a Libia entre 2004 e 2005, unha medida criticada polo Parlamento Europeo.[6]

En 2006, moitos inmigrantes africanos pagaban a contrabandistas de persoas en Libia para axudarlles a levalos a Lampedusa en barco.[7] Á súa chegada, a maioría transferíanse polo goberno italiano aos centros de recepción en Italia continental. Moitos foron postos en liberdade debido a que as súas ordes de deportación non aplicáronse.[8]

En 2009, as condicións de hacinamento no centro de acollida de inmigrantes temporais da illa foron criticadas polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). A unidade, que orixinalmente foi construída para unha capacidade máxima de 850 persoas, albergaba case 2.000 refuxiados. Un número significativo de persoas durmian ao aire libre baixo plásticos.[9] Un incendio que comezou durante un disturbio entre os refuxiados destruíu unha grande porción da instalación o 19 de febreiro de 2009.

En 2011, chegaron moitos máis inmigrantes a Lampedusa durante as rebelións de Tunicia e Libia.[10] En maio de 2011, máis de 35.000 inmigrantes chegaran á illa desde Tunicia e Libia.[11] A finais de agosto, chegaron 48.000 persoas.[12] A maioría eran homes novos de entre 20 e 30 anos.[13] A situación causou a división dentro da Unión Europea, o goberno francés considera á maioría das chegadas como inmigrantes económicos en lugar de refuxiados políticos.

De xaneiro a abril de 2015, uns 1600 inmigrantes morreron na ruta de Libia a Lampedusa, polo que é a ruta de migrantes máis mortal do mundo.[14]

  1. "History of Lampedusa, Italy". Italy This Way. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2021. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  2. Ferdinand Gregorovius (2010). History of the City of Rome in the Middle Ages (reprint ed.). Cambridge University Press. p. 66. ISBN 9781108015028. 
  3. Setton, Kenneth Meyer, ed. (1969). A History of the Crusades: The first hundred years (illustrated ed.). Univ of Wisconsin Press. p. 43. ISBN 9780299048341. 
  4. Henri Pirenne (2013). Mohammed and Charlemagne. Routledge. p. 160. ISBN 9781135030179. 
  5. "Lampedusa Island". Encyclopædia Britannica
  6. European Parliament resolution on Lampedusa, 14 de abril de 2005
  7. "Out of Africa: The human trade between Libya and Lampedusa". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2017. 
  8. Bitter harvest, The Guardian, 19 de decembro de 2006
  9. UNHCR Concerned over Humanitarian Situation in Lampedusa, Italy
  10. Reid, Sue (4 April 2011). "Special dispatch: Gaddafi's diaspora and the Libyans overwhelming an Italian island who are threatening to come here". Daily Mail (London). 
  11. "Hundreds more migrants reach Italy from Africa". Reuters. 14 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 19 de abril de 2017. 
  12. AFP Friday, Aug 26, 2011 (2011-08-26). "Gaddafi planned to turn Italian island into migrant hell". News.asiaone.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 2013-03-26. 
  13. Guterres, António (9 May 2011). "Look Who's Coming to Europe". The New York Times. 
  14. "Hundreds of Migrants Believed Dead in Shipwreck Off Libya, Says UNHCR". Wall Street Journal. 19 de abril de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar