Lampione ( Siciliano:Lampiuni, que significa lanterna) é unha pequena illa rochosa situada no mar Mediterráneo, que pertence xeograficamente as illas Peláxicas e administrativamente a comuna de Lampedusa e Linosa, Provincia de Agrigento, na rexión de Sicilia, Italia.

Lampione
Lampiuni
Situación
PaísItalia Italia
ComunaLampedusa e Linosa
ProvinciaAgrigento
ArquipélagoIllas Peláxicas
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 35°33′07″N 12°19′17″L / 35.551815, 12.321256
Xeografía
Superficie0,036 km²
Longura máxima200
Largura máxima180
Punto máis alto36 m
Distancia a terra70
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Lingua propiaItaliano

Xeografía editar

Con 200 metros de lonxitude e 180 m de ancho, a illa ten unha superficie de só 0´036 km² e alcanza a súa altura máxima de 36 m. A illa está, como Lampedusa a unha distancia de 17 quilómetros da placa continental africana a diferenza de Linosa que se atopa a 70 quilómetros é que tectonicamente está vinculada a Sicilia.

Crese que a illa se formou durante un terremoto durante o Plioceno por un desprendemento dun pedazo de terra da illa-nai, Lampedusa.

Historia editar

Segundo a lenda, Lampione era un bloque de pedra que se escapou das mans de Ciclope.

A illa sempre seguiu as vicisitudes da historia e a sorte das outras illas Peláxicas. Logo de entrar no reino de Italia, o 12 de xuño de 1878, seguiu a mesma sorte que as dúas illas principais, a plena participación da nacente Comuna de Linosa e Lampedusa. En 1897, fronte a Lampione foi descuberto un banco de esponxas, que atraeu a atención dos pescadores tunisianos e gregos, en particular, o que permitiu a hexemonía económica do arquipélago. Pero axiña a pesca cesou. A illa está agora deshabitada e o único signo de restos humanos é un faro automático, do que se deriva o nome da illa. Este faro é accesible por un camiño a partir dun pequeno embarcadoiro artificial axustado só ó paso de pequenas embarcacións

Lampione é parte da Reserva Mariña Illas Peláxicas, a súa vexetación e fauna están estritamente protexidas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar