Lagenorhynchus cruciger

Lagenorhynchus cruciger[2] é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos. Trátase dun pequeno golfiño que habita en augas antárticas e subantárticas.

Lagenorhynchus cruciger

Compatación do tamaño co dun humano
Compatación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Lagenorhynchus
Especie: L. cruciger
Nome binomial
Lagenorhynchus cruciger
Qouy e Galmard, 1824
Distribución de Lagenorhynchus cruciger
Distribución de Lagenorhynchus cruciger

Distribución de Lagenorhynchus cruciger
Sinonimia
Véxase o texto

Historicamente foi avistado moi raras veces. Identificouse por primeira vez como nova especie por Qouy e Galmard en 1824 a partir dun debuxo realizado no Pacífico Sur en 1820.

A pesar de décadas de cacería de cetáceos no Océano Austral, até 1960 só se capturaran tres espécimes para estudos científicos. Incluso hoxe en día cóntase con só 6 exemplares completos e 14 parciais.

Descrición editar

De cor branca e negra. En cada flanco hai unha mancha branca na parte cranial, por encima do fociño, os ollos e a aleta pectoral, e unha segunda mancha ou parche na parte caudal do corpo. Estas dúas zonas están conectadas por unha delgada franxa de cor branca, que fai que as manchas recorden vagamente a forma dun reloxo de area.

Os adultos poden medir ao redor de 1,8 m, e pesar de 90 a 120 kg.

Comportamento editar

Estes golfiños adoitan moverse en grupos de 5 a 10 individuos. Un estudo da Comisión Baleeira Internacional ten rexistrado un grupo de 60. Encontráronse grupos (sen confirmar) de até 100 exemplares.

Comparten zonas de alimentación con outros cetáceos, como o rorcuais, cadeiróns, toniñas e golfiños do xénero Lissodelphis. Baleeiros que andaban á caza destes animais moito maiores adoitaban dicir que os Lagenorhynchus cruciger eran como "vixías" que os axudaban na busca das súas presas.

Exames dos contidos estomacais dos poucos espácimes estudados indican que comen varios tipos de luras e pequenos peixes.

Distribución e poboación editar

Habitan cerca da rexión antártica, até uns 45° S, o que fai desta especie o golfiño máis meridional. Hai avistamentos confirmados nos 36° S no océano Atlántico e nos 33° S, cerca de Valparaíso, Chile, no Pacífico.[3]

Recentes estudos estiman unha poboación de polo menos uns 140.000 exemplares.[3]

Estado de conservación editar

A UICN cualificou en 2008 o estado de conservación desta especie como "LC" (pouco preocupante), mantendo na actualidade dita cualificación.[3]

Por outra parte, segundo o Memorando de entendemenro para a conservación dos cetáceos e os seus sus hábitats na rexión das illas do Pacífico (MoU, nas súa siglas en inglés), aínda que non se estudou extensamente a situación da especie, para estes conservacionistas é de preocupación menor.[4]

Taxonomía editar

 
Cruz de Malta.

Dous anos máis tarde, estes autores cambiáronlle o nome específico albigena ("de meixelas brancas") por cruciger ("que leva unha cruz"). Isto probabelmente debido á combinación das zonas de negras e brancas do corpo, que, visto desde arriba, vagamente semella unha cruz de Malta.

 
Lámina de Lagenorhynchus cruciger.
En: Alcide Dessalines d'Orbigny (1847): Voyage dans l'Amérique méridionale.

A especie foi descrita por Qouy e Galmard en 1824, na súa obra Voyage au tour du monde fait par ordre du roi, sur les corvettes de S. M: l’Uranie et la Physicienne pendant les années 1817, 1818, 1819 et 1820. Histoire edicine s. Zoologie. Langlois, París. Atlas. 96 pls (Pls 86, 87).[5] adxudicándolle o nome de Delphinus albigena e situándoa dentro do xénero Delphinus.

O cetólogo estadoiunidense Frederick W. True, en 1889, reclasificouna dentro do xénero Lagenorhynchus, que fora descrito en 1846 por Gray, aínda que co nome L. latifrons.[6]

Ao longo do tempo foi coñecida por diversos sinonimos:[5]

  • Delphinus bivittatus Lesson & Garnot, 1826
  • Delphinus cruciger d'Orbigny & Gervais, 1847 (basónimo)
  • Delphinus cruciger Quoy & Gaimard, 1824 (basónimo)
  • Electra clancula Gray, 1868
  • Electra cruciger Gray, 1870
  • Lagenorhynchus latifrons True, 1889
  • Lagenorhynchus wilsoni Lille, 1915
  • Phocaena crucigera Philippi, 1893
  • Phocaena d'orbignyi Philippi, 1893

Taxonomía discutida editar

Artigo principal: Lagenorhynchus.

A pesar de que tradicionalmente a especie se coloca no xénero Lagenorhynchus, as últimas análises de ADN indican que está bastante relacionado coas especies do xénero Cephalorhynchus.

En efecto, aínda que antigamente o xénero estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo b mitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchis non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.

May-Collado e Agnarsson (2006) consideran a L. cruciger e L. australis como situados filoxeneticamente entre as especies de Cephalorhynchus e suxiren que estas dúas especies deben transferirse a dito xénero. Algúns datos morfolóxicos e acústicos apoian este arranxo. Ambas as especies comparten coas de Cephalorhynchus un tipo distinto de sinal de ecolocalización coñecido como sinal de banda estreita, de alta frecuencia.[7][8]

Este sinal é compartido coas toniñas (Phocoenidae) e polo cachalote pigmeo (Kogiidae), pero non se encontra entre outros grupos de golfiños. Segundo Schevill e Watkins (1971), L. australis e as especies de Cephalorhynchus son os únicos golfiñoa que non asubían.[9]

Presumibelmente isto é tamén o caso de L. cruciger. Por outra parte, L. australis tamén comparte con varias especies de Cephalorhynchus o ter dunha cor branca distinto a "axila" marcada detrás da aleta pectoral.

Por outra parte, LeDouc propuxo Sagmatias como un novo xénero para Lagenorhynchus obliquidens, L. autralis, L. cruciger e L. obscurus.[10]

Notas editar

  1. Hammond, P.S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W.F., Scott, M.D., Wang, J.Y., Wells, R.S. y Wilson, B. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Lagenorhynchus cruciger en Wilson & Reeder (2005). Consultada o 15 de agosto de 2014.
  3. 3,0 3,1 3,2 Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B. (2008): Lagenorhynchus cruciger. Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2. Consultada o 15 de agosto de 2014.
  4. Memorandum of Understanding for the Conservation of Cetaceans and their Habitats in the Pacific Islands Region. Consultada o 15 de agosto de 2014.
  5. 5,0 5,1 Lagenorhynchus cruciger (Quoy & Gaimard, 1824) no WoRMS.
  6. En: Contributions to the natural history of the cetaceans. A review of the family Delphinidae. Washington: Smithsonian Institution.
  7. May-Collado, Laura & Agnarsson, Ingi (2006): "Cytochrome b and Bayesian inference of whale phylogeny". Molecular Phylogenetics and Evolution, 38: 344–354. Ler en PDF.
  8. Kyhn, L. A.; Jensen, F. H.; Beedholm, F. H.; Tougaard, J.; Hansen, M. & Madsen, P. T. (2010): "Echolocation in sympatric Peale's dolphins (Lagenorhynchus australis) and Commerson's dolphins (Cephalorhynchus commersonii) producing narrow-band high-frequency clicks". Journal of Experimental Biology, 213 (11). Resumo.
  9. Schevill, W. E. & Watkins, W. A. (1971): "Pulsed sounds of the porpoise Lagenorhynchus australis". Breviora '366: 1–10.
  10. LeDuc, R. G.; Perrin, W. F. e Dizon, A. E. (1999): "Phylogenetic relationships among the delphinid cetaceans based on full cytochrome b sequences", en Marine Mammal Science 15: 619–648. Resumo

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar