La Hora

periódico socialista de Pontevedra

La Hora foi un semanario editado en Pontevedra entre 1931 e 1936.

La Hora

Editar o valor em Wikidata
Fundación15 de maio de 1931
Remata18 de xullo de 1936
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 580270
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario de izquierdas, apareceu o 15 de maio de 1931. Co número 50, en xuño de 1932, cambiou o seu subtítulo por Semanario socialista, converténdose en voceiro oficioso da agrupación local do PSOE, e foi dirixido polo presidente da Sociedad de Tipógrafos (UGT), José Arán Vázquez. Interrompeu a súa publicación pola represión desatada logo da folga xeral revolucionaria de 1934. Na súa segunda xeira foi dirixido por Ramiro Paz Carbajal. Entre os seus colaboradores estaban Sebastián Rodríguez Carranza, Ramón Barreiro Rodríguez, Luís Carragal Peón, José Gómez Osorio, Amando Guiance Pampín, Julián Zugazagoitia e Sócrates Gómez. Mantívose ata o 18 de xullo de 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar