La Distracción
periódico de Pontevedra (1847)
La Distracción foi un periódico editado en Pontevedra en 1847.
La Distracción | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1847 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico de Ciencias y Literatura, apareceu o 15 de maio de 1847. Saía os días 1 e 15 de cada mes. De carácter científico e literario, constaba das seccións: Ciencias naturales, Literatura, Noticias, Precios de mercado e Anuncios. Foron os seus redactores Miguel Rúa, José Ramón Franco e Antolín Esperón e os colaboradores Leopoldo Martínez Padín, José Domínguez Izquierdo, José Puente Brañas, José María Posada, José Benito Amado Boullosa e Juan Cuveiro Piñol. Os sete primeiros números imprimíronse nos obradoiros de Hijos de Vila, no número oito pasou aos de Francisco A. Ruíz. Cesou a súa publicación en novembro de 1847.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Distracción, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.