Abrir o menú principal

Antolín Esperón

escritor, profesor e xornalista galego

Antolín Esperón Novas, nado en Pontevedra en 1821 e finado na mesma cidade en decembro de 1895[1], foi un escritor, profesor e xornalista galego.

Antolín Esperón
Nacemento1821
 Pontevedra
Falecementodecembro de 1895
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e profesor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No Instituto de Pontevedra desempeñou a cátedra de Retórica e Política e Clásicos latinos. Foi fiscal da Delegación de Facenda e síndico do Concello. Trasladouse a Madrid onde exerceu a avogacía e adquiriu fama de orador. Impartiu clases de Literatura e Elocuencia, Historia de España e Dereito penal e Administrativo. Foi Alcalde de Xixón e Comisario provincial de Albacete.

En 1855 volveu a Pontevedra, foi deputado provincial polo distrito de Ponte Caldelas e profesor de francés, catedrático e director do Instituto (1881). No Instituto de Pontevedra pronunciou o seu discurso con motivo do bicentenario da morte de Calderón de la Barca. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi membro fundador da de Pontevedra. Foi redactor de Las Musas del Lérez, La Distracción, El Restaurador, La Constancia, La Reforma e Diario de Pontevedra e colaborou nas publicacións madrileñas La Ilustración, La Patria, El Continental e El Heraldo.

ObrasEditar

HomenaxesEditar

O concello de Pontevedra acordou dedicarlle unha rúa da cidade en 1896.

NotasEditar

  1. Noticia en Diario Oficial de Avisos de Madrid, 21-12-1895, p. 2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar