La Reforma (Pontevedra)

La Reforma foi un periódico editado en Pontevedra entre 1870 e 1871.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Periódico de instrucción pública, apareceu o 8 de xullo de 1870 como continuación da Revista de Primera Enseñanza. Estaba dirixido por Severiano González Regueral. Os redactores eran Joaquín Buceta Solla e José Benito Juncal. Entre os colaboradores figuraban Antolín Esperón, León de Cano, José María Buceta Fernández, Emilio Álvarez Giménez, Luís Rodríguez Seoane, José B. Luanco e Domingo Erosa Fontán. Constaba das seccións: Artículos, Noticias varias e Anuncios. Publicou varios folletíns. Cesou a súa publicación o 24 de decembro de 1871.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.