Kim Il-sung
Kim Il-sung (en coreano: 김일성), nado o 15 de abril de 1912 en Mangyŏngdae e finado o 8 de xullo de 1994 en Pyongyang, foi un político comunista norcoreano, gobernante de Corea do Norte dende 1948 ata a súa morte. Ademais, foi tamén secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea.
Kim Il-sung 김일성 | |
---|---|
![]() | |
김성주 | |
Líder Eterno da Corea Juche | |
Período | 8 de xullo de 1994 (póstumo) |
Antecesor | Denominación creada |
Sucesor | Non aplicable |
Presidente de Corea do Norte | |
Período | 28 de decembro de 1972 8 de xullo de 1994 |
Antecesor | Título creado |
Sucesor | Título abolido (Proclamado Presidente Eterno da República trala súa morte) |
Secretario Xeral do P. dos Traballadores | |
Período | 11 de outubro de 1966 8 de xullo de 1994 |
Antecesor | El mesmo como presidente do Partido dos Traballadores |
Sucesor | Kim Jong-il |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de abril de 1912 |
![]() | |
Falecemento | 8 de xullo de 1994 |
![]() | |
Organización | Partido dos Traballadores |
Pai | Kim Hyong-jik |
Nai | Kang Pan-sok |
Cónxuxe | Kim Jong-suk (m. 1949) Kim Song-ae |
Fillos | Kim Jong-il Kim Man-il Kim Kyong-hui Kim Kyong-jin Kim Pyong-il Kim Yong-il |
Alma máter | Jilin Yuwen High School e Mangyongdae Revolutionary School |
Profesión | Presidente |
Relixión | Irrelixión e ateísmo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu mandato como líder da República Democrática de Corea foi a miúdo descrito como autocrático, estabelecendo un omnipresente culto a súa personalidade. Dende mediados de 1960 promoveu o seu propio desenvolvemento da organización nacional comunista, o Juche. Nun estudo elaborado pola Biblioteca do Congreso de Washington, D.C. sobre Corea do Norte en 2009, foi descrito como "unha das figuras máis interesantes do século XX".
Trala súa morte en 1994, foi sucedido polo seu fillo Kim Jong-il. Corea do Norte refírese oficialmente a Kim Il-sung como o "Gran Líder" (en coreano: 수령, Suryong) e é chamado na Constitución "Líder Eterno" do país. O seu aniversario é día festivo en Corea do Norte.
TraxectoriaEditar
Comezos e exilioEditar
Kim Il-sung naceu co nome de Kim Sŏng-ju, probablemente en Mangyondae, preto de Pyongyang, en Corea, entón un protectorado baixo ocupación xaponesa. Tiña dous irmáns, Ch’ŏl-chu e Yŏng-ju. A familia de Kim opoñíase á ocupación xaponesa, polo que en 1920 tiveron que fuxir á China. Kim foi enviado a un colexio en Jilin, pero a súa educación oficial finalizou cando foi arrestado e encarcerado por actividades subversivas. Formou parte de guerrillas "antixaponesas" no norte da China, e chegou a ingresar nunha guerrilla liderada polo Partido Comunista da China.
Kim loitou na súa unidade dende 1935, progresando en rango e chegando a ser comandante en 1941, cando os xaponeses levaron as guerrillas ao norte da China. Durante este período adoptou o nome Kim Il-sung, o cal fora doutro loitador "antixaponés" morto na batalla. Escapou á Unión Soviética, e foi enviado a un campo preto de Khabarovsk, onde as guerrillas comunistas coreanas colaboraban coas forzas soviéticas. Kim pasou a ser capitán do Exército Vermello.
En 1925 fundou o Partido Comunista de Corea, mais pronto disolveuse por loitas internas. En 1931 Kim ingresou no Partido Comunista da China. Cando volveu a Corea en setembro de 1945, despois da fin da segunda guerra mundial e a rendición incondicional do Xapón coa consecuente retirada das tropas xaponesas da península coreana, xunto coas forzas soviéticas, ficou o sector norte do país baixo o seu control, sendo elixido coa axuda da Unión Soviética como líder do comité popular provisional, aínda que nese momento non era líder do partido comunista, cuxos cadros se atopaban en Seúl, na zona ocupada do sur polos Estados Unidos.
Líder de Corea do NorteEditar
En 1948, debido a unha polarización política e ideolóxica entre ambos gobernos coreanos, a reunificación do país non foi posible. Kim pasou a ser primeiro ministro da República Popular Democrática de Corea. O partido comunista xurdiu coa unión de distintos grupos. Trala fusión da organización coa contrapartida do Sur, formouse o Partido dos Traballadores de Corea.
O 12 de xuño de 1950 Corea do Norte lanzou un ataque co obxecto de liberar Corea do Sur e de unificar o país baixo un goberno único socialista. Ao mesmo tempo, os líderes dos Estados Unidos e os seus aliados, pensaron que Stalin ordenara o ataque, o que levou á chamada guerra de Corea, o primeiro conflito bélico das dúas grandes superpotencias resultantes na segunda guerra mundial, Estados Unidos e a Unión Soviética, coñecido co nome xenérico de guerra fría.
O material de arquivo apunta a que foi unha decisión de Corea do Norte non dirixida dende Moscova. As forzas norcoreanas tomaron Seúl e ocuparon a maior parte do Sur, pero forzas das Nacións Unidas (encabezadas polos Estados Unidos) volveron tomar Seúl e posteriormente Pyongyang, ante o cal Kim e o seu goberno fuxiron á China. En novembro, as forzas chinesas entraron na guerra e fixeron marchar ás tropas das Nacións Unidas, volvendo tomar Pyongyang e Seúl entre 1950 e 1951. Seúl volveu ser controlado por Nacións Unidas, e en 1953 o país quedou dividido definitivamente en dous partes.
O país fora devastado pola guerra. O goberno norcoreano desenvolveu plans económicos quinquenais (do mesmo xeito que os existentes na Unión Soviética), centrados no desenvolvemento da industria pesada, o desenvolvemento militar e a colectivización da agricultura.
Durante os anos cincuenta Kim foi visto como un comunista ortodoxo, leal aos principios soviéticos. Con todo, durante o conflito chinés-soviético dos anos sesenta, Kim manobrou para manter certa neutralidade, aínda que finalmente criticou as posicións maoístas da China. Nese momento desenvolveu a ideoloxía Juche, de autoconfianza, que levou ao país a un maior illamento do resto do mundo. Unha nova constitución foi aprobada en decembro de 1972. Esta creaba un novo cargo, o de Presidente da República Popular Democrática de Corea, que pasaba a ser o máximo cargo do Estado, e para o que Kim Il-sung resultou elixido. En 1980 a Asemblea Popular Suprema aprobou que o próximo xefe de Estado sería o seu fillo Kim Jong-il.
Últimos anosEditar
Neste momento Corea do Norte atopouse con grandes problemas económicos. Os efectos prácticos de Juche levaron a eliminar practicamente o comercio exterior, e as relacións económicas coa China reducíronse tralas reformas lideradas por Deng Xiaoping. O fin do bloque soviético aumentou os problemas de Corea do Norte, e pouco despois Kim morrería súbitamente dun ataque ao corazón. O seu funeral foi seguido por centos de miles de persoas e o seu corpo foi colocado nun mausoleo, cuxo acceso está fortemente controlado.
Kim Il-sung casou dúas veces. A súa primeira muller, Kim Chong-suk, deu a luz dous fillos (entre eles Kim Jong-il; o outro morreu nun accidente nadando) e unha filla; Kim Chong-suk morreu dando a luz. Kim casou con Kim Song-ae posteriormente, e pénsase que tiveron catro fillos xuntos. Un deles, Kim Pyong-il gozaba de presenza política ata que foi afastado e virtualmente expulsado logo de ser nomeado embaixador en Hungría.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Predecesor: ningún |
Presidente eterno de Corea do Norte 28 de decembro de 1972-actual |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: ningún |
Presidente de Corea do Norte 28 de decembro de 1972- 8 de xullo de 1994 |
Sucesor: Kim Jong-il |