Abrir o menú principal
O Líder Eterno da Corea Juche, Kim Il-sung.

O título de Líder Eterno da Corea Juche (en coreano: 주체조선의 영원한 수령, tr.: Juchejoseon-ui yeong-wonhan sulyeong) está estabelecido na Constitución de Corea do Norte, emendada o 30 de xuño de 2016, onde di:[1]

Baixo o liderado do Partido dos Traballadores de Corea, a República Popular Democrática de Corea e o pobo coreano, sosterán aos Grandes Camaradas Kim Il-sung e Kim Jong-il, como Líderes Eternos da Corea Juche e levarán a causa revolucionaria do Juche ata a conclusión defendendo e levando adiante as súas ideas e logros.

Índice

HistoriaEditar

Presidencia de Corea do Norte antes de 1994Editar

O cargo de presidente da República Popular Democrática de Corea estableceuse na Constitución de 1972. Ata entón, Kim Il-sung, o gobernante de facto de Corea do Norte, ocupou os cargos de primeiro ministro de Corea do Norte e secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea.

En 1972 creouse a Presidencia e Kim Il-sung foi elixido para o cargo pola Asemblea Popular Suprema, o parlamento norcoreano, o 28 de decembro de 1972. Kim ocupou o cargo de presidente ata a súa morte en 1994, logo o cargo quedou vacante e eliminouse tras a reorganización do Estado realizada por Kim Jong-il.

Presidente EternoEditar

A Constitución emendada en 1998 aboliu a presidencia e declarou a Kim Il-sung "Presidente Eterno da República".

O preámbulo da Constitución da República Popular Democrática de Corea de 1972, modificada o 5 de setembro de 1998, dicía:[2]

Baixo o liderado do Partido dos Traballadores de Corea, a República Popular Democrática de Corea e o pobo coreano manterán ao gran líder, o camarada Kim Il-sung, en alta estima como o eterno Presidente da República...

Trala morte de Kim Jong-il, a Constitución foi modificada en 2012, declarándoo "Presidente Eterno da Comisión Nacional de Defensa".[3] En 2016 volveuse emendar a Constitución, cambiando as definicións anteriores de Kim Il-sung e Kim Jong-il por "Líderes Eternos da Corea Juche".[1]

LegalidadeEditar

A frase "Presidente Eterno da República", só aparecía no prefacio, non no texto funcional da constitución e non estaba asociado con ningún cargo gobernamental con responsabilidades particulares, poderes, privilexios etc. Ademais, a única persoa á que facía referencia, xa falecera cando a súa redacción, polo cal non constituía un cargo oficial. O mesmo aplica agora co título de "Líderes Eternos da Corea Juche".

Despois de 1998 non hai ningún Presidente da República Democrática de Corea, sendo ese cargo abolido na reforma da constitución realizada aquel ano. Os seus poderes foron divididos entre tres cargos: a xefatura de goberno, isto é, o Premier Kim Jae-ryong; o Presidente do Presidium da Asemblea Suprema do Pobo Choe Ryong-hae; e o comandante en xefe, chamado Presidente da Comisión de Asuntos de Estado, Kim Jong-un. A constitución vixente divide, de maneira formal, o poder da presidencia entre este tres cargos, con Kim Jong-un como gobernante de facto.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Constitución 2016". en.wikisource.org (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  2. "Constitución de Corea do Norte". en.wikisource.org (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  3. "Constitución de 2012". en.wikisource.org (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2019.