Kenneth L. Hallenbeck

numismático estadounidense


Kenneth Luster Hallenbeck, nado en Ann Arbor, Míchigan, o 20 de outubro de 1931, é un numismático estadounidense, antigo presidente da American Numismatic Association.

Infotaula de personaKenneth L. Hallenbeck
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1931
Ann Arbor, Míchigan.
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Míchigan.
Actividade
OcupaciónNumismático.
Familia
CónxuxeJune Eugenia Miekka (1955).
FillosThomas Hallenbeck.

Traxectoria editar

Kenneth Hallenbeck naceu en 1931 en Ann Arbor, no condado de Washtenaw, Míchigan. Cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Míchigan, onde se graduou en 1955. Posteriormente desenvolveu a súa carreira profesional na compañía Lincoln National Life Insurance Company de Fort Wayne, Indiana, entre 1957 e 1977.[1]

Hallenbeck dedicou ao ámbito numismático toda a súa vida. No ámbito asociativo, foi membro fundador e presidente do Old Fort Coin Club. Tamén presidiu a Indiana State Numismatic Association (1965-1967), a Society of Ration Token Collectors, o Colorado Springs Coin Club, a Colorado Springs Numismatic Society e a Colorado-Wyoming Numismatic Association.[1]

En 1974 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos e, no ámbito do comercio numismático, dirixiu durante décadas a súa propia compañía, Ken Hallenbeck Coin Gallery Inc., en Colorado Springs, creada en 1983.[1]

A traxectoria de Hallenbeck está moi ligada á Amarican Numismatic Association (ANA), en cuxa xunta directiva ingresou en 1971. En 1977 dimitiu dese posto para ocupar na mesma entidade un cargo como axudante do director executivo e como conservador do Museo do Diñeiro da ANA durante catro anos. Posteriormente exerceu como vicepresidente (1987-1989) e logo o de presidente (1989-1991).[2] O 13 de agosto 2007 volveu á ANA como director executivo en funcións, en substitución de Christopher Chipoletti, ata que en 2008 foi sucedido por Larry Shepherd.[1]

Hallenbeck está considerado unha autoridade en moedas contraestampadas, aspecto no que contribuíu con varios artigos en revistas especializadas, entre elas for The Numismatist, Coin World e Numismatic Scrapbook Magazine.[1]

Como coleccionista, en 1991 declarou posuír a maior colección de tarxetas de crédito do mundo, e tamén colecciona moedas raras e curiosas.[1]

Vida persoal editar

Kenneth L. Hallenbeck casou con June Eugenia Miekka o 2 de xullo de 1955. Teñen catro fillos, entre eles Tom Hallenbeck, comerciante de moedas que se fixo cargo do establecemento comercial do seu pai en 2001 e que, como este, foi presidente da ANA (2011-2013)[2] e merecedor dos premios Glenn Smedley Memorial (2001) e Farran Zerbe Memorial (2019).[1][3]

Recoñecementos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar