Karol Bobko
Karol Joseph 'Bo' Bobko, nado o 23 de decembro de 1937 no condado de Queens, en Nova York, é un astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-6, STS-51-D, e STS-51-J como piloto, tendo permanecido un total de 16,09 días no espazo.
Karol Bobko | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 23 de decembro de 1937 |
Lugar | Brooklyn |
Nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Misións | STS-6, STS-51-D e STS-51-J |
Tempo no espazo | 16,09 días |
Premios | Distinguished Flying Cross (Estados Unidos), Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e United States Astronaut Hall of Fame |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Bobko naceu nunha familia de orixe lituano-polaca[1]. Gradouse en Ciencias pola Academia da Forza Aérea en 1959 e ten un máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade do Sur de California obtido en 1970.
Converteuse en astronauta da NASA en setembro de 1969, participando no SMEAT (Skylab Medical Experiments Altitude Test), unha simulación de 56 días en terra duna misión á estación espacial Skylab. Bobko tamén formou parte da tripulación de apoio da misión Apollo-Soiuz. Dentro da preparación do primeiro voo do Transbordador espacial Columbia, a misión STS-1, Bobko foi o astronauta principal do grupo de proba e verificación no Centro Espacial Kennedy[2].
NotasEditar
- ↑ "Lecture of NASA Astronaut Karol J. Bobko". Vilnius University (en inglés). 18-11-2011.
- ↑ "Biographical Data" (PDF). NASA (en inglés). abril 2016.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Mark Wade (2018). "Bobko, Karol Joseph 'Bo'" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2018.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |