STS-6

misión do transbordador espacial Challenger

STS-6 foi a primeira misión do transbordador espacial Challenger, lanzada o 4 de abril de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-6
Lanzamento da misión STS-6.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de abril de 1983, 18:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión5,02 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo do Challenger, posta en órbita do TDRS 1.[3][6]
Regreso9 de abril de 1983[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1983-026A

Características editar

STS-6, tripulada por Paul J. Weitz, Karol Bobko, Donald Peterson e Story Musgrave, foi lanzada como primeira misión do transbordador Challenger. Encargouse de poñer en órbita o satélite artificial de comunicacións TDRS 1, que debido nun fallo do seu motor quedou nunha órbita estable pero incorrecta. Musgrave e Peterson fixeron o primeiro paseo espacial do programa do transbordador espacial, cunha duración de 3 horas e 54 minutos. A tripulación tamén fixo varios experimentos a bordo, entre eles CFES, MLR, RME e NOSL.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 9 de abril de 1983.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 6" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note by the Secretariat" (PDF) (83-04858). 5 de marzo de 1984: 3. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 6" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-6" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-6" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-6" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar