Story Musgrave

astronauta estadounidense

Franklin Story Musgrave, nado en Boston, Massachusetts, o 19 de agosto de 1935, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80.[1][2]

Story Musgrave
Datos persoais
Nacemento19 de agosto de 1935
LugarBoston
Actividade
MisiónsSTS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80
Tempo no espazo53,41 días
PremiosUnited States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Musgrave graduouse en matemáticas e estatística pola Universidade de Siracusa en 1958 e é máster en análise de operacións e programación pola Universidade de California nos Ánxeles en 1959. Ten un grao en química pola facultade Marietta en 1960, un doutoramento en medicina pola Universidade de Columbia en 1964 e é máster en fisioloxía e biofísica pola Universidade de Kentucky en 1966, cun máster tamén en literatura pola Universidade de Houston en 1987.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1967, participando nas misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80 e pasando un total de 53,41 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Musgrave, Franklin Story" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 1997). "STORY MUSGRAVE (M.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar