Centro Espacial John F. Kennedy

O Centro Espacial John F. Kennedy (KSC, orixinalmente coñecido como o Centro de Operacións de Lanzamento da NASA), situado na illa Merritt, Florida, é un dos dez centros de campo da Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo (NASA). Dende decembro de 1968, o KSC foi o principal centro de lanzamento de voos espaciais con humanos da NASA. As operacións de lanzamento dos programas Apollo, Skylab e os transbordadores espaciais leváronse a cabo dende o Complexo de Lanzamento do Centro Espacial Kennedy 39 e xestionáronse polo KSC.[1] Situado na costa leste de Florida, KSC está adxacente á Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS). A dirección das dúas entidades traballan moi xuntas, comparten recursos e operan instalacións na propiedade da outra.

Modelo:Xeografía políticaCentro Espacial John F. Kennedy
Imaxe

Nomeado en referencia aJohn F. Kennedy Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 28°35′07″N 80°39′03″O / 28.58528, -80.65083Coordenadas: 28°35′07″N 80°39′03″O / 28.58528, -80.65083
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Brevard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata
Creación1 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata

Páxina webnasa.gov… Editar o valor em Wikidata
Facebook: NASAKennedy Twitter: NASAKennedy Instagram: nasakennedy Youtube: UCjJtr2fFcUp6yljzJOzpHUg Flickr: 108488366@N07 Editar o valor em Wikidata
Dende arriba, no sentido das agullas do reloxo: edificio de ensamblaxe de vehículos, área de aterraxe dos transbordadores, contro de control dos lanzamentos, complexo de visitantes, edificio da sede do KSC e transbordador espacial Endeavour no complexo de lanzamento 39A

Aínda que os primeiros voos Apollo e todos os voos dos proxectos Mercury e Gemini engalaron da estación da Forza Aérea do entón Cabo Cañaveral; os lanzamentos foron xestionados pola KSC e a súa anterior organización, a Dirección de Operacións de Lanzamento.[2][3] A partir da cuarta misión Gemini, o centro de control de lanzamento da NASA en Florida (Mercury Control Center, máis tarde Launch Control Center) comezou a entregar o control do vehículo ao Mission Control Center de Houston, pouco despois da engalaxe; en misións anteriores mantivo o control durante toda a misión.[4][5]

Ademais, o centro xestiona o lanzamento de misións de tripulación robótica e comerciais e investiga a produción de alimentos e a utilización de recursos in situ para a exploración fóra da Terra.[6] Dende 2010, o centro traballou para converterse nun porto espacial multiusuario a través de asociacións coa industria,[7] mesmo engadindo unha nova plataforma de lanzamento (LC-39C) en 2015.

Hai preto de 700 instalacións e edificios agrupados nos 580 km2 do centro. [10] Entre as instalacións únicas de KSC atópanse o edificio de montaxe de vehículos de 160 metros de altura para ensamblar os foguetes máis grandes da NASA, o Launch Control Center, que realiza lanzamentos espaciais no KSC, o Operations and Checkout Building, que alberga os cuartos dos astronautas, unha fábrica da estación espacial e unha instalación de aterraxe de 4,8 km de lonxitude. Tamén hai un complexo de visitantes aberto ao público.

Notas editar

  1. "Kennedy Space Center Implementing NASA's Strategies" (PDF). NASA. 2000. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  2. "Appendix 10 – Government Organizations Supporting Project Mercury". NASA History Program Office. NASA. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  3. "2. Project Support from the NASA Centers". Mercury Project Summary (NASA SP-45). NASA. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  4. "Mercury Mission Control". NASA. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  5. Lipartito, Kenneth; Butler, Orville (2007). 'A History of the Kennedy Space Center. University Press of Florida. ISBN 978-0-8130-3069-2. 
  6. "Research & Technology". Kennedy Space Center. NASA. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  7. "NASA Partnerships Launch Multi-User Spaceport". NASA. 1 de maio de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar