Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral

porto espacial estadounidense

A Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS, polas súas siglas en inglés Cape Canaveral Space Force Station) é unha instalación da 45.ª Ála Espacial (45 SW, do inglés Space Wing) da Forza Espacial dos Estados Unidos,[1] con sede na próxima Base da Forza Espacial Patrick. Localizada en cabo Cañaveral no estado de Florida, a CCSFS é o principal lugar de lanzamentos de mísiles do rango leste.[2] A base Patrick proporciona os cuarteis xerais e as funcións de apoio para o 45 SW, así como un aeródromo, liderado loxístico no aire e as funcións de apoio completo propias dunha base da forza aérea. Ademais das instalacións na base Patrick, a CCSFS tamén ten o seu propio aeródromo separado, o Cape Canaveral AFS Skid Strip, que proporciona unha pista de 10 000 pés (3 km)[3] próxima ós complexos de lanzamento para o uso de avións militares que leven as enormes e pesadas cargas útiles ata o cabo.

Modelo:Xeografía políticaEstación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral
Imaxe

Localización
Mapa
 28°29′20″N 80°34′40″O / 28.4889, -80.5778Coordenadas: 28°29′20″N 80°34′40″O / 28.4889, -80.5778
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Brevard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5 km² Editar o valor em Wikidata
Creación1949 Editar o valor em Wikidata
Fito histórico nacional
Data16 de abril de 1984
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Tipodistrito
Data16 de abril de 1984
Identificador84003872

Páxina webpatrick.spaceforce.mil Editar o valor em Wikidata

Ademais, a CCSFS está situada xunto ó Centro espacial John F. Kennedy da NASA na illa Merritt, coas dúas instalacións conectadas por pontes e pasos elevados.

Notas editar

  1. "Patrick Air Force Base — FAQ Topic". Patrick Air Force Base. Arquivado dende o orixinal o 09-05-2012. Consultado o 16-02-2021. 
  2. CAST 1999, pp. 1-126.
  3. "World Aero Data: Cape Cnaveral AFS Skid Strip — XMR". Arquivado dende o orixinal o 09-05-2012. Consultado o 16-02-2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar