Centro Espacial John F. Kennedy

(Redirixido desde "Centro espacial John F. Kennedy")

Coordenadas: 28°31′27″N 80°39′03″O / 28.52417, -80.65083

O Centro Espacial John F. Kennedy (KSC, orixinalmente coñecido como o Centro de Operacións de Lanzamento da NASA), situado na illa Merritt, Florida, é un dos dez centros de campo da Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo (NASA). Dende decembro de 1968, o KSC foi o principal centro de lanzamento de voos espaciais con humanos da NASA. As operacións de lanzamento dos programas Apollo, Skylab e os transbordadores espaciais leváronse a cabo dende o Complexo de Lanzamento do Centro Espacial Kennedy 39 e xestionáronse polo KSC.[1] Situado na costa leste de Florida, KSC está adxacente á Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS). A dirección das dúas entidades traballan moi xuntas, comparten recursos e operan instalacións na propiedade da outra.

Dende arriba, no sentido das agullas do reloxo: edificio de ensamblaxe de vehículos, área de aterraxe dos transbordadores, contro de control dos lanzamentos, complexo de visitantes, edificio da sede do KSC e transbordador espacial Endeavour no complexo de lanzamento 39A

Aínda que os primeiros voos Apollo e todos os voos dos proxectos Mercury e Gemini engalaron da estación da Forza Aérea do entón Cabo Cañaveral; os lanzamentos foron xestionados pola KSC e a súa anterior organización, a Dirección de Operacións de Lanzamento.[2][3] A partir da cuarta misión Gemini, o centro de control de lanzamento da NASA en Florida (Mercury Control Center, máis tarde Launch Control Center) comezou a entregar o control do vehículo ao Mission Control Center de Houston, pouco despois da engalaxe; en misións anteriores mantivo o control durante toda a misión.[4][5]

Ademais, o centro xestiona o lanzamento de misións de tripulación robótica e comerciais e investiga a produción de alimentos e a utilización de recursos in situ para a exploración fóra da Terra.[6] Dende 2010, o centro traballou para converterse nun porto espacial multiusuario a través de asociacións coa industria,[7] mesmo engadindo unha nova plataforma de lanzamento (LC-39C) en 2015.

Hai preto de 700 instalacións e edificios agrupados nos 580 km2 do centro. [10] Entre as instalacións únicas de KSC atópanse o edificio de montaxe de vehículos de 160 metros de altura para ensamblar os foguetes máis grandes da NASA, o Launch Control Center, que realiza lanzamentos espaciais no KSC, o Operations and Checkout Building, que alberga os cuartos dos astronautas, unha fábrica da estación espacial e unha instalación de aterraxe de 4,8 km de lonxitude. Tamén hai un complexo de visitantes aberto ao público.

NotasEditar

  1. "Kennedy Space Center Implementing NASA's Strategies" (PDF). NASA. 2000. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  2. "Appendix 10 – Government Organizations Supporting Project Mercury". NASA History Program Office. NASA. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  3. "2. Project Support from the NASA Centers". Mercury Project Summary (NASA SP-45). NASA. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  4. "Mercury Mission Control". NASA. Consultado o 6 de novembro de 2015. 
  5. Lipartito, Kenneth; Butler, Orville (2007). 'A History of the Kennedy Space Center. University Press of Florida. ISBN 978-0-8130-3069-2. 
  6. "Research & Technology". Kennedy Space Center. NASA. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  7. "NASA Partnerships Launch Multi-User Spaceport". NASA. 1 de maio de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2015. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar