Juventud (Ferrol)

Juventud foi unha revista editada en Ferrol de 1919 a 1920.

Juventud
PaísEspaña
Lugar de publicaciónFerrol
Fundación1919
Na rede
Galiciana: 7699
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Revista quincenal de literatura, ciencia y arte de Ferrol, apareceu o 23 de novembro de 1919. Non mantivo unha periodicidade totalmente regular. Dirixida por Pedro Fraga Porto, imprimiuse nos talleres de El Correo Gallego. Incluíu poemas en galego, e prestou unha atención especial aos escritos da xuventude de Galicia. Entre os seus colaboradores figurou Francisco Cabo Pastor. No número 6, aparecido en febreiro de 1920, apareceron colaboracións de Marcial Fernández, Plácido Gabeiras, Xavier Bóveda, Mal de Vizoso, José Heres, Alfredo de la Iglesia, Goy Díaz, José Lesta Meis, Francisco Cabo Pastor e Miguel Rey.[1]

Notas editar

  1. El Norte de Galicia, 27-2-1920, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar