Antonio Goy Díaz
Antonio Goy Díaz, nado en Lugo en 1900 e finado en Almería en 1976,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Antonio Goy Díaz | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 1976 |
Lugar de falecemento | Almería |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Antonio Goy Ulloa. En 1917 comezou a colaborar na prensa de Lugo no xornal La Idea Moderna, dirixiu a revista Juvenilia (1918), foi redactor de La Provincia e dende 1931 de El Progreso, do que chegou a ser redactor-xefe, e foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Oficial de telégrafos dende 1918, foi xefe de telégrafos de Foz nos anos vinte. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dirixiu o semanario falanxista Azul ata xuño de 1937, cando foi nomeado delegado provincial de prensa do Estado.[2] Foi subdelegado do Estado para Prensa e Propaganda de Lugo. Dende 1947 exerceu un tempo como xefe do Corpo de Telégrafos de Madrid, á vez que cultivou a súa vocación como escritor. En 1964 foi nomeado Delgado-xefe provincial do Centro de Telecomunicación de Almería.[3]
Obra editar
- Entre o clavo i-a ferradura (contos e poemas do ferreiro Mocles) (1928).
- Rutas de turismo. 1ª ruta. Lugo-Otero de Rey-Villalba-Vivero (1940).
- Las cinco hijas de Miramontes (novela).
- Augusta (novela).
Vida persoal editar
Casou con Isabel Veloso Calvo en 1923.[4]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Fernandez Pacios, X. R. (2017): "O Foz de 1939 nos ollos de Antón Goi Díaz", no blog O gabinete de Foz, 5 de xaneiro.