Julius Wagner-Jauregg
Julius Wagner Jauregg, nado en Wels, Austria, o 7 de marzo de 1857 e finado en Viena, Austria, o 27 de setembro de 1940, foi un médico austríaco.
Julius Wagner-Jauregg | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de marzo de 1857 |
Lugar | Wels (Austria) |
Falecemento | 27 de setembro de 1940, 83 anos |
Lugar | Viena (Austria) |
Soterrado | Cemiterio central de Viena |
Residencia | Austria |
Nacionalidade | Austríaca |
Actividade | |
Campo | Medicina |
Alma máter | Universidade de Viena |
Director de tese | Salomon Stricker |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Medicina (1927) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na Universidade de Viena entre 1874 e 1880 e, tras obter a licenciatura, foi axudante da cátedra de patoloxía entre 1881 e 1882, e de clínica psiquiátrica (1883-1889). En 1885 obtivo o doutoramento en Neuroloxía e Psiquiatría na Universidade de Viena. Entre 1889 e 1893, ensinou psiquiatría e neuroloxía na Universidade de Graz, ano en que gañou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Viena, onde exerceu de 1893 a 1928.
Realizou gran número de traballos sobre a función dos nervios estimulantes cardíacos, sobre a fisioloxía e patoloxía do tiroide e sobre o enfoque médico-forense da Psiquiatría. Desenvolveu un tratamento do bocio mediante a administración de iodo. Estudou tamén o tratamento da psicose e o cretinismo, que tratou con preparados da glándula tiroide.
É o fundador da piroterapia, método consistente en provocar cadros febrís en enfermos. Esta terapia resultou eficaz na parálise xeral progresiva producida pola sífilis. En 1917, despois de trinta anos de observar por primeira vez que os pacientes de parálises sifilítica melloraban cando sufrían febre, empregou o paludismo como fonte produtora de febre para curar a parálise xeral progresiva. Esta revolucionaria técnica foi aceptada pronto e aplicada de forma xeral a outras enfermidades.
En 1927 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina.