Abrir o menú principal

Julio Manuel Rodríguez Soto, nado en Maside o 17 de marzo de 1880 e finado en Lisboa o 9 de xullo de 1931[1], foi un avogado e político galego.

Julio Rodríguez Soto
Nacemento17 de marzo de 1880
 Maside
Falecemento9 de xullo de 1931
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Julio Rodríguez Soto na inauguración da súa rúa en Maside, 1925.

Fillo de José Rodríguez Vázquez, notario en Ribadavia e Francisca Soto, mestra de Maside. Licenciado en Dereito, abriu bufete no Carballiño. Foi alcalde de Maside nos anos dez. Durante a ditadura de Primo de Rivera colaborou con José Calvo Sotelo, sendo o seu home de confianza na comarca do Carballiño. Foi nomeado deputado provincial en 1924 e elixido presidente da Deputación de Ourense o 9 de novembro de 1926. Foi membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das Deputacións provinciais (1927-1930). Dimitiu como presidente da Deputación en xaneiro de 1929. Despois foi nomeado Inspector xeral de Petróleos. Coa proclamación da Segunda República exiliouse en Portugal, morrendo en Lisboa en xullo de 1931, con 51 anos.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Maside
 
1916 - 1920
Sucesor:
?
Predecesor:
Celso Casar Blanco
  
Presidente da deputación de Ourense
 
1926 - 1929
Sucesor:
Aureliano Ferreiro Carballo

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-7-1931, p. 9.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar