Juan Manuel Espada Montaos

médico militar galego

Juan Manuel Espada Montaos, nado en Vilaza (Monterrei) o 17 de outubro de 1843 e finado en Verín o 15 de novembro de 1913, foi un médico militar galego.

Infotaula de personaJuan Manuel Espada Montaos
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Vilaza, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1913 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Matriculouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que deixou para seguir a carreira de Medicina e Cirurxía, conseguindo a licenciatura e o doutoramento na Universidade Central de Madrid. Ingresou por oposición no Corpo de Sanidade da Armada e marchou a Cuba en 1869, onde residiu durante doce anos, alcanzando o grao de capitán-médico. Opositou á cátedra de Medicina, ocupando o primeiro posto na terna, pero o ministro non firmou o nomeamento. Foi un dos principais valedores da cultura galega en Cuba, propulsor, con Waldo Álvarez Ínsua (1879), do Centro Galego da Habana, e redactor da súa primeira carta orgánica. Con el creou El Eco de Galicia (1878), colaborando cos seus artigos, e tamén en La Ilustración Gallega y Asturiana, Revista Gallega da Coruña, Eco de Galicia de Buenos Aires, e Nuevo Támega de Verín. O 27 de xuño de 1881, licenciado total, retirouse á súa casa de Vilaza, exercendo como médico no Balneario de Vilaza e en Verín, onde finou o 15 de novembro de 1913.[1]

Artigos editar

  • “Los gallegos fuera de Galicia”, Revista Gallega, 579 (1906).
  • “Del modo de desterrar el caciquismo en Galicia”, Revista Gallega, 589 (1906).
  • “Algo sobre el gallego”, Revista Gallega, 625 (1907).

Recoñecementos editar

Tomou parte no desembarco de Cinco Villas en 1877, polo que recibiu a Cruz Vermella de Primeira Clase ao Mérito Naval. Concedéronlle varias condecoracións militares e civis.

Notas editar

  1. La Región, 20-11-1913, p. 2.