El Támega

(Redirección desde «Nuevo Támega»)

El Támega foi un semanario editado en Verín entre 1898 e 1936.

El Támega
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Revista semanal ilustrada, apareceu en setembro de 1898. Semanario de ideoloxía conservadora, foi a sexta publicación desta vila e a máis importante polo seu interese e pola súa duración. Fundado por Lino García Vázquez, o seu propietario e director, entre os seus colaboradores estaban Eloy Luís André, Waldo Álvarez Insua, José Arjiz Salgado, José María Pereda Álvarez e Xesús Taboada Chivite.

En decembro de 1902 iniciou unha segunda etapa coa cabeceira Nuevo Támega, coa que se mantivo ata 1936. Nos anos da Segunda República pasou a subtitularse por Semanario Republicano Independiente.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar