José María Pereda Álvarez
José María Pereda Álvarez, nado en Verín o 12 de xullo de 1892[1] e finado en 1960, foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1892 Verín, España |
Morte | 1960 (67/68 anos) Verín, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista, escritor |
Traxectoria
editarFillo de José Pereda, que foi xefe da Prisión de Verín. Estudou Maxisterio. Foi mestre en Porqueira (1914), Viveiro (dende 1922, onde foi director da Escola graduada, e foi nomeado concelleiro en 1927) e dende 1943 de Verín,[2] vila da que foi profesor da Academia Verinense. Colaborou en El Támega, El Eco de Monterrey, no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, e foi correspondente de Faro de Vigo en Verín. Galeguista, mantivo relación con Antón Vilar Ponte, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco e colectivos na emigración. Escribiu o artigo "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega" (1953).
Obras
editar- Aos contos, Lugo, 1930.
- Casos y cosas.
- En perro flaco.
- Nuestra Señora de los Remedios.
- Tiempos pretéritos.
- Supersticiones en Tierra Gallega.