José Arjiz Salgado

avogado, xornalista e político galego

José Arjiz Salgado, nado en Mourazos (Verín), foi un avogado, xornalista e político galego.

Infotaula de personaJosé Arjiz Salgado
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Mourazos Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Verín
1963 – 1975
← Manuel Pérez García-SabugoCarmen Lovelle → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , avogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Arjiz Pereira, capitán da Garda Civil,[1] colaborou no periódico Nuevo Támega e foi director de España Nueva. Concelleiro en Verín dende finais dos anos corenta e tenente-alcalde, foi nomeado alcalde de Verín o 29 de setembro de 1963.[2] Foi deputado provincial en 1964.[3] Dimitiu como alcalde en 1975. O campo de fútbol de Verín leva o seu nome.[4]


Predecesor:
Manuel Pérez García-Sabugo
  
Alcalde de Verín
 
1963 - 1975
Sucesor:
María del Carmen Lovelle Alén


Vida persoal editar

Casou en Verín con Marichu Tresguerras en 1943.[5]

Notas editar

  1. "La festividad de Nuestra Señora la Virgen del Pilar". El Pueblo Gallego. 13 de outubro de 1966. p. 11. 
  2. El Pueblo Gallego, 2-10-1963, p. 17.
  3. El Pueblo Gallego, 31-3-1964, p. 10.
  4. Héctor Pena (4 de setembro de 2021). "José Arjiz: Fútbol e fascismo unidos en Verín". Nós. 
  5. La Región, 3-4-1943, p. 2.