España Nueva (Verín)

España Nueva foi un semanario editado en Verín en 1936.

España Nueva
Fundación1936
Lingualingua castelá
LocalidadeVerín
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Todo por la Patria y nada contra la Nación, apareceu o 20 de agosto de 1936. Foi un semanario de tendencia falanxista fundado por José Arjiz Salgado. Entre os seus colaboradores figuraron Benito González Solagaistúa, Manuel Fuentes Pazos, José María Pereda, Juan Ros e Arturo Benito Silva. Incluía información xeral e noticias locais, e abundantes datos sobre o desenvolvemento da Guerra Civil. Cesou a súa edición o 17 de outubro de 1936.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar