Juan Cruz Alli Aranguren, nado en Pamplona o 21 de setembro de 1942, é un avogado, político e profesor español. Foi presidente do Goberno Foral de Navarra de 1991 a 1995 e, en funcións, entre xuño e setembro de 1996.

Modelo:BiografíaJuan Cruz Alli

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Cruz Alli Aranguren Editar o valor en Wikidata
21 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Navarra
13 de xuño de 2007 – 14 de maio de 2011
Deputado do Parlamento de Navarra
18 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2007
Deputado do Parlamento de Navarra
26 de xuño de 1999 – 17 de xuño de 2003
Deputado do Parlamento de Navarra
24 de xuño de 1995 – 25 de xuño de 1999
Presidencia do Goberno de Navarra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Dereito administrativo, Urbanismo, ordenación do territorio, política e administrative history (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, escritor, avogado, político, xurista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valladolid
Universidade Pública de Navarra Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión del Pueblo Navarro
Convergencia de Demócratas de Navarra Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1044859 Dialnet: 196544

Doutor en Dereito e Técnico Urbanista. Foi profesor na Facultade de Dereito de Burgos da Universidade de Valladolid e profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade Pública de Navarra. Anteriormente foi letrado do Concello de Pamplona e avogado.

Actividade política

editar

O seu ingreso na política foi a través do Partido Social Demócrata Foral fundado por Jaime Ignacio del Burgo que se integrou en Unión de Centro Democrático en 1977. Posteriormente pasou a Unión del Pueblo Navarro (UPN), ocupando os cargos de concelleiro de Pamplona entre 1983 e 1987, parlamentario foral entre 1987 e 1995 e presidente do Goberno de Navarra entre 1991 e 1995. Allli avogou por levar a UPN a posicións máis centristas e menos intransixentes no seu navarrismo, propugnando un mellor entendemento coa Comunidade Autónoma do País Vasco e co nacionalismo vasco en xeral, a definición de Navarra como nación e de UPN como partido nacionalista navarro, así como a reforma constitucional en sentido federalista, como solución aos problemas de integración de España á que define como nación de nacións.[Cómpre referencia]

Esa independencia de criterio fíxose patente xa no primeiro mes do seu cargo como Presidente da Comunidade Foral, cando declarou que non lle parecería mal unha negociación entre ETA e o Estado se con iso se acababa o terrorismo e declarouse partidario do principio de acordo alcanzado en agosto de 1991 entre a Coordinadora Lurraldea e a Deputación de Guipúscoa, algo que provocou críticas por parte dos socialistas e foi recibido cun malestar non disimulado por un amplo sector do seu partido.[1]

En 1994 entrou en conflito co seu partido que o levou a abandonalo en 1995 para converterse en líder dun novo, Converxencia de Demócratas de Navarra. Como membro do mesmo foi Vicepresidente e Conselleiro de Economía e Facenda do Goberno de Navarra entre 1995 e 1996. Tras a dimisión de Javier Otano como Presidente do Goberno de Navarra, exerceu o cargo en funcións entre os meses de xuño e setembro de 1996, cando foi substituído por Miguel Sanz, elixido presidente polo Parlamento Foral. Desde 1995 é Parlamentario Foral e Portavoz do Grupo Parlamentario de Converxencia de Demócratas de Navarra.

No ano 2000 comezou un paulatino achegamento a UPN, primeiro, asinando un pacto orzamentario co seu antigo partido e, finalmente, tras as eleccións autonómicas de 2003, asinou en representación de Converxencia de Demócratas de Navarra un pacto de Goberno de Coalición entre UPN e CDN, goberno do que non entrou a formar parte.

No ano 2007, tras a deterioración electoral de CDN nas eleccións autonómicas presentou a súa dimisión da presidencia do partido, aínda que permaneceu como deputado no Parlamento Navarro durante toda a lexislatura. José Andrés Burguete, candidato á alcaldía de Pamplona neses comicios, tomou a substitución de Alli no congreso do partido, en marzo de 2008.

Nese mesmo congreso, Alli foi nomeado presidente de honra da formación.

Cesou como parlamentario o 15 de xuño de 2011, tras as eleccións forais do 22 de maio, nas que a CDN non conseguiu representación parlamentaria. Desde entón, non ocupa cargos políticos e dedícase á actividade académica.

Publicacións

editar
  • Estado y sociedad : una visión desde Navarra. (Sahats Servicios Editoriales, 1997)
  • La Mancomunidad del valle del Roncal (Gobierno de Navarra. Fondo de Publicaciones, 1989)
  • Navarra, comunidad política diferenciada (Sahats Servicios Editoriales, 1999)
  • Convergencia: un proyecto para la convivencia en Navarra (Sahats Servicios Editoriales, 1999)
  • La reforma del procedimiento administrativo: la Ley 4/99 de modificación de la Ley 30/92 de régimen jurídico de las Administraciones Públicas y del procedimiento administrativo común (Federación Navarra de Municipios y Concejos, 1999)
  • Navarra, del siglo XX al siglo XXI, los nuevos retos (Sahats Servicios Editoriales, 2000)
  • Derecho administrativo y globalización (Civitas Ediciones, S.L., 2004)
  • Los convenios económicos entre Navarra y el Estado. De la soberanía a la autonomía armonizada (Gobierno de Navarra, 2009). Este traballo recibiu o Premio Martín de Azpilicueta.

É autor tamén de numerosos artigos e monografías en materia de dereito e política.

  1. Diario Vasco, 28 de outubro de 1991