Jaime Ignacio del Burgo

político español

Jaime Ignacio del Burgo Tajadura,[1] nado en Pamplona, o 31 de xullo de 1942, é un político, xurista e escritor español. Foi o primeiro presidente democrático da Deputación Foral de Navarra, ademais de senador e deputado por Navarra durante vinte e oito anos.

Jaime Ignacio del Burgo
Nacemento31 de xullo de 1942
Lugar de nacementoPamplona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico
PaiJaime del Burgo
Na rede
Dialnet: 71267
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria vital editar

Familia. Formación académica editar

Fillo do historiador e político carlista Jaime del Burgo Torres (Pamplona, 1912) e Mercedes Tajadura Goñi (Pamplona, 1911). O matrimonio tivo tres fillos: Jaime Ignacio, Mercedes e María Antonia.[1]

Comezou os seus estudos elementais nos Xesuítas de Pamplona. Realizou os tres primeiros cursos de Dereito no Estudo Xeral de Navarra, antecedente da Universidade de Navarra. En cuarto curso trasladou o seu expendiente á Universidade de Deusto, onde se licenciou en Dereito, e Economía. Posteriormente realizou o doutoramento en Dereito na Universidade de Navarra, coa tese Orixes e Fundamento do Réxime Foral de Navarra (1968).[1] É avogado en exercicio e foi profesor de dereito foral público da Universidade de Navarra.

Actividade profesional editar

Comezou a súa actividade profesional en 1966, como secretario xeral de Automóbiles de Turismo Hispano Ingleses S.A. (AUTHI), onde permaneceu catro anos. Desde 1970 ocupou diversos cargos, primeiro na administración foral e despois na política. Concretamente, durante o período 1970-1973 foi secretario técnico de Facenda de Navarra, e posteriormente Director de Coordinación, Planificación e Desenvolvemento da Deputación Foral de Navarra (1973-1976).

Carreira política editar

Socialdemócratas de Navarra e UCD editar

É un dos fundadores do Partido Social Demócrata Foral de Navarra, primeiro e do Partido Social Demócrata despois (1976). O Partido Social Demócrata Foral de Navarra integrouse en Unión de Centro Democrático (UCD) (1977). Jaime Ignacio del Burgo foi elixido senador por Navarra nas Cortes constituíntes (1977-1978), e elixido Secretario 2º do Senado.

En 1979 foi novamente elixido senador por Navarra na I Lexislatura (1979-1982). En 1979 foi Deputado Foral pola Cidade de Pamplona (1979-1984), presidente da Deputación Foral (1979-1980) e presidente da UCD de Navarra.

O caso FASA editar

A carreira política de Del Burgo atravesou o seu maior contratempo entre 1980 e 1984, ao ser acusado de estar envolto no denominado caso Fasa e ser destituído como Presidente da Deputación Foral (da que era presidente desde 1979) o 28 de abril de 1980.

Sendo presidente da Deputación, esta concedeu en xuño de 1979 un anticipo de 81 millóns de pesetas (499.000 €) á empresa FASA (Fundiciones Alsasua, S.A.), da que Del Burgo era accionista, así como antigo conselleiro-secretario do Consello, que sería devolto unha vez que a Caixa de Aforros de Navarra, dependente da propia Deputación, formalizase uns créditos que a Caixa estaba disposta a conceder á empresa. A empresa atopábase nunha delicada situación económica. Unha semana despois a Caixa de Aforros de Navarra concedeu a FASA un crédito hipotecario de 81 millóns. FASA destinou dita cantidade a saldar coa Caixa os seus créditos vencidos, por un total de 62 millóns. Os restantes 19 millóns destinounos ao pago das nóminas atrasadas dos traballadores. En setembro a empresa declarouse en suspensión de pagos, sen que se formalizase o crédito, polo que o anticipo nunca se puido recuperar.

Un dos créditos cancelados, por 40 millóns de pesetas, fora avalado polos membros do Consello de Administración de FASA en 1978, entre eles Del Burgo. Os conselleiros subscribiran un acordo polo que cada un respondería, en caso de execución, en proporción ao seu capital social. En 1976, antes de ser elixido presidente da Deputación, Del Burgo recibiu en contraprestación aos seus traballos profesionais accións por un total de 500.000 pesetas (o 0,3 por cento do capital social) e fora nomeado conselleiro-secretario do Consello de Administración pola súa condición de asesor xurídico da sociedade. Del Burgo dimitiu dos seus cargos na sociedade ao ser elixido presidente. Del Burgo alegou ante a Comisión de Investigación que no momento de concertar o devandito crédito a responsabilidade real de Del Burgo era de 120.000 pesetas (700 euros), que quedou reducida a cero ao ceder as súas accións, a un prezo simbólico, ao conselleiro delegado Ignacio Irazoqui en maio de 1979 (a transmisión non foi formalizada até xullo). Del Burgo ausentouse do salón de sesións o día no que se tomou a decisión de conceder o anticipo.[2]

O 14 de abril de 1980, o Parlamento Foral de Navarra acordou, cos votos do PSOE, HB, PNV, e varios parlamentarios do seu propio partido, que vulneraron a disciplina de voto acordada polo Grupo Parlamentario de UCD (cuxos órganos de goberno –o comité executivo, o consello político e a asemblea xeral apoiaron a Del Burgo por amplísima maioría),[Cómpre referencia] esixir a súa dimisión como deputado e presidente da Deputación pero Del Burgo non dimitiu, polo que o 28 de abril a Deputación acordou a súa destitución que se fixo inmediatamente efectiva.[3] O 28 de novembro de 1980, a propia Deputación tomou a decisión de levar ante os tribunais a Del Burgo, acusándoo de malversación de fondos públicos.[4] Con todo, a Fiscalía Xeral do Estado, previo informe unánime da Xunta de Fiscais, desestimou a denuncia.[Cómpre referencia]

Del Burgo recorreu tanto o acordo do Parlamento Foral como o acto administrativo da súa destitución. A Sala do Contencioso da Audiencia Territorial de Pamplona, ditou dúas sentenzas o 26 de xuño de 1981. Na primeira declarou nulo o acordo do Parlamento pero na segunda confirmou a decisión da Deputación. Del Burgo recorreu ante o Tribunal Supremo contra esta segunda sentenza.

A Sala terceira do Tribunal Supremo en sentenza ditada en outubro de 1983 anulou o acordo da Deputación que destituía o seu presidente, e en xaneiro de 1984 a Sala do Contencioso-administrativo da Audiencia Territorial ordenou a reposición de Del Burgo como presidente do Goberno desta comunidade, polo que volveu ocupar o cargo brevemente en 1984.[5]

Del Burgo nunca foi procesado penalmente e só se iniciaron accións penais por estafa contra Ignacio Irazoqui, conselleiro delegado da empresa FASA que finalmente foi absolto, sen que por parte da Deputación se interpuxese recurso, acudindo á vía civil.[6] O Xulgado de primeira instancia número 1 de Pamplona ditou sentenza a finais de 1984 desestimando a demanda da Deputación contra os antigos conselleiros de FASA, entre eles Del Burgo. Nun dos seus fundamentos xurídicos dise que a responsabilidade do prexuízo sufrido pola Deputación foi a falta de previsión dos deputados que adoptaron o acordo de concesión do anticipo sen esixir a prestación das garantías que permitisen a devolución do mesmo.[Cómpre referencia]

Durante os seus anos que durou a súa destitución, fora reelixido presidente da UCD en Navarra en agosto de 1981 e dimitido do cargo en decembro de 1982 para ingresar no Partido Demócrata Popular (PDP), o que se materializou en xaneiro de 1983.

Partido Demócrata Popular (PDP) - Unión Demócrata Foral (UDF) - Partido Popular (PP) editar

En 1981 foi reelixido presidente da UCD. Ao ano seguinte ingresou no Partido Demócrata Popular (PDP).

En 1983 foi reelixido Parlamentario Foral de Navarra, sendo vicepresidente 1º do Parlamento de Navarra (1983-1984). Ese ano volveu dirixir a Deputación Foral de Navarra, como presidente. En 1984 o Tribunal Supremo declarou nula a súa destitución, sendo restituído na presidencia da Deputación.

En 1985 foi elixido portavoz da Agrupación Parlamentaria Popular no Parlamento de Navarra. Ao ano seguinte regresa ao Senado, nesta ocasión co PDP por Navarra (III Lexislatura, 1986-1989). En 1987 encabezou a candidatura da coalición Unión Demócrata Foral (UDF) ao Parlamento de Navarra, que obtivo tres escanos.

En 1989, tras a integración do PDP no Partido Popular (PP), e a refundación do partido, foi elixido presidente do PP de Navarra, obtendo un escano no Congreso por Navarra dentro da coalición integrada polo PP e Unión del Pueblo Navarro (UPN). Desde a súa participación na política activa defendeu sempre o centrismo reformista.

En 1993 foi elixido membro do comité executivo nacional do partido popular por José María Aznar, dentro dos cinco postos de libre designación. Ese mesmo ano foi reelixido deputado por Navarra e membro da Comisión de estudo e investigación sobre o financiamento dos partidos políticos (1994).

En 1996 renovou a súa acta de deputado por Navarra e foi elixido portavoz adxunto do Grupo Popular no Congreso.

Foi Presidente da Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados (2002-2004), e representante de Unión del Pueblo Navarro no Comité Nacional do Partido Popular desde 1991.

En outubro de 2008, abandonou UPN para refundar o Partido Popular de Navarra tras a ruptura do pacto UPN-PP.[7]

Comisión de investigación do 11M editar

Foi portavoz na Comisión de investigación do 11 M do Congreso dos Deputados do Grupo Popular do Congreso na que cuestionou as investigacións efectuadas e que se encadraban nas Teorías da conspiración do 11M realizadas por varios medios xornalísticos (fundamentalemte polo diario El Mundo e a cadea de radio COPE).[8]

Tras a sentenza do xuízo do 11 M emitida o 31 de outubro de 2007, na que se excluía calquera participación de ETA ou outras conspiracións internas nos Atentados do 11 de marzo de 2004, o Sindicato Unificado de Policía (SUP), anunciou a presentación dunha querela contra Del Burgo e outros políticos do Partido Popular, que finalmente non chegou a presentar.[9]

Ideoloxía editar

Del Burgo, líder durante a Transición da Unión de Centro Democrático en Navarra, foi un dos principais artífices da existencia de dúas vías para acceder á autonomía: unha para Navarra e outra para as Vascongadas (posteriormente País Vasco[10]). Así, propugnou que lles correspondía só aos navarros decidir se se incorporaban ao País Vasco ou non:

"Só o pobo navarro ten dereito a decidir se acepta ou non a existencia dun poder político supranavarro" ("Punto y Hora de Euskal Herria", nº 11 de 15 de setembro de 1976)

Desde entón, as súas formulacións mantivéronse basicamente en posturas similares, rexeitando calquera fórmula de integración na comunidade autónoma do País Vasco.

Vida privada editar

En 1968 casou con Blanca Azpiroz Martínez (Pamplona, 1945). O matrimonio tivo cinco fillos: Blanca, Jaime Arturo Ignacio, Paula, Arturo e Myriam.[1]

Asociacións ás que pertence editar

Premios editar

  • Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort.

Publicacións editar

É autor de numerosos artigos en revistas, folletos e traballos monográficos así como conferenciante habitual. Publicou os seguintes libros:

  • El Pacto Foral de Navarra. (Pamplona, 1966).
  • Ciento veinticinco años de vigencia del Pacto-ley de 16 de agosto de 1841. (Pamplona, 1966).
  • Origen y fundamento del régimen foral de Navarra. (Editorial Aranzadi. Pamplona, 1967).
  • Posibilidades del Derecho positivo vigente para la descentralización. (Pamplona, 1968).
  • Régimen fiscal de Navarra. Los Convenios Económicos. (Editorial Aranzadi, Pamplona, 1973).
  • El Fuero: pasado, presente, futuro. (Pamplona, 1974).
  • Los Fueros del futuro. Ideas para la reforma foral. (Pamplona, 1976).
  • Navarra es Navarra. (Pamplona, 1979).
  • Navarra en la encrucijada. (Pamplona, 1980).
  • Fueros, Democracia, España. (Pamplona, 1985).
  • Introducción al estudio del Amejoramiento del Fuero. Los derechos históricos de Navarra. Prólogo de Eduardo García de Enterría. (Pamplona, 1987).
  • El Convenio Económico de 1990 entre el Estado y Navarra. (Pamplona, 1991).
  • Soñando con la paz. Nacionalismo vasco y violencia terrorista. Prólogo de José María Aznar. (Temas de Hoy. Madrid, 1994).
  • Curso de Derecho Foral Público de Navarra. (Editorial Aranzadi, Pamplona, 1996).
  • Navarra es libertad. Vol. I, Artículos; Vol. II, Discursos y conferencias. (Fundación Humanismo y Democracia, Madrid, 1999).
  • El ocaso de los falsarios. (Editorial Laocoonte, Madrid, 2000).
  • El desafío nacionalista (Fundación para el Análisis y los Estudio Sociales. Madrid, 2002).
  • Jaque a la Constitución. De la propuesta soberanista de CIU al federalismo asimétrico de Maragall. (Ediciones Académicas S.A., Madrid, 2003).
  • Por la senda de la Constitución. (Ediciones Académicas S.A., Madrid, 2004).
  • José Alonso y la Ley Paccionada de 1841. Homenaje al ministro José Alonso. Presentación de Rafael Catalá Polo. (Ministerio de Justicia, Imprenta del Boletín Oficial del Estado, Madrid, 2004).
  • La reforma de la Constitución. ¿Imparable o irresponsable? – La disposición transitoria cuarta y Navarra. ¿Caballo de Troya o garantía? (Ediciones Académicas, Madrid, 2004).
  • 11-M. Demasiadas preguntas sin respuesta. (Editorial La Esfera de los Libros, Madrid, 2006)
  • Navarra, el precio de la traición. (Editorial Encuentro. Madrid. 2007).
  • Vascos y navarros en la historia de España. Obra colectiva coordinada por Jaime Ignacio del Burgo. (Editorial Laocoonte, Pamplona, 2007)
  • La España de la guerra civil. Introducción histórica. En el libro de Félix B. Maíz: Mola frente a Franco. (Editorial Laocoonte. Pamplona, 2008).
  • Navarra: pasado, presente, futuro. (Editorial Laocoonte, Pamplona, 2008)
  • El escándalo del lino. Historia de una infamia. (Editorial Laocoonte. Pamplona, 2009)
  • Cánovas y los Conciertos Económicos. Muerte y resurrección de los Fueros vascos. Editorial Laocoonte, Pamplona, 2010.)
  • Historia de Navarra. Desde la prehistoria hasta la incorporación a la monarquía española. Obra conjunta con Jaime del Burgo. (Ediciones Académicas, S.A., Pamplona, 2012.)
  • Cuando Navarra recuperó el pulso. 1512-1515-1516. (Ediciones Académicas S.A., Pamplona, 2012.
  • 11-M. El atentado que cambió la historia de España. (La Esfera de los Libros, Madrid, 2014.)
  • Una alternativa para la autonomía de Cataluña. (Ediciones Académicas S.A, Madrid, 2014).
  • La epopeya de la foralidad vasca y navarra. El fin de la cuestión foral. Primer volumen 1812-1975. Segundo volumen 1978-1979-1982. Fundación Popular de Estudios Vascos, Bilbao, 2015.
  • Navarra, pasado, presente, futuro. Reseña del acto de presentación del libro del mismo título que tuvo lugar en Madrid el 4 de diciembre de 2008 con la participación de Soraya Sáenz de Santamaría, Alberto Ruiz Gallardón, Mariano Rajoy y Jaime Ignacio del Burgo. Ediciones Académicas S.A., Madrid, 2017.
  • En torno a la historia de España. Libro digital. Ediasa, 2017.
  • Navarra en la historia. Mitos y falsedades aberzales. (Editorial Almazara, Madrid, 2017).
  • Navarra en la historia. Acto de presentación en Madrid, 14 de marzo de 2018. Nuevo Estatus Político Vasco del PNV. Navarra y el Nuevo Estatus Político Vasco del PNV. Conferencia en Pamplona, 6 de marzo de 2018. (Ediciones Académicas, Madrid, 2018).
  • Antecedentes del Autogobierno Vasco. Proposición de Ley de reforma del Estatuto de Autonomía de 19790. Aportación histórica para el desarrollo de la Base I, Preámbulo. (Fundación Popular de Estudios Vascos, Bilbao, 2018).
  • La guerra política de Navarra. Cuarenta años en lucha por la libertad. (Fundación Popular de Estudios Vascos, Bilbao, 2019).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 García-Sanz Marcotegui, Ángel (1998). Goberno de Navarra, Departamento de Presidencia e Interior, ed. "Del Burgo Tajadura, Jaime Ignacio". Pamplona: 351–353. ISBN 84-235-1738-1. 
  2. O "informe FASA" sostén que Jaime Ignacio del Burgo ocultou información aos seus compañeiros da Deputación, noticia do xornal El País, 21 de marzo de 1980.
  3. Obra lexislativa do Parlamento Foral de Navarra, 1979-1983 Arquivado 20 de outubro de 2007 en Wayback Machine., pg. 420, Resolución sobre as relacións mantidas pola Deputación Foral de Navarra e a empresa Fundiciones Alsasua, S.A. (14 de abril de 1980)
  4. A Deputación Foral levará aos tribunais o "caso" de Jaime del Burgo, noticia do xornal El País, 29 de novembro de 1980.
  5. [1]Jaime Ignacio del Burgo, reposto na presidencia da Deputación navarra, noticia do xornal El País, 15 de xaneiro de 1984
  6. A Deputación de Navarra intenta recuperar por vía civil 81 millóns prestados a FASA, noticia do xornal El País, 1 de decembro de 1982.
  7. Del Burgo se da de baja de UPN tras reunirse con Rajoy y ayudará en la refundación del PP en Navarra
  8. "Entrevista a Jaime Ignacio del Burgo, Portavoz del PP en la Comisión del 11-M. «¿Por qué se empeña el Gobierno en encubrir lo que ocurrió en Asturias antes del 11-M?». Periodista Digital. 30 de xaneiro de 2007.". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2007. Consultado o 30 de novembro de 2008. 
  9. Rodríguez, Jorge A. (2007-11-01). "El mayor sindicato policial anuncia querellas contra los "conspiranoicos"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-02. 
  10. Artigo de Jaime Ignacio del Burgo na Enciclopedia General Ilustrada del País Vasco "Auñamendi

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar