Parlamento de Navarra

Edificio do Parlamento Foral de Navarra.

O Parlamento Foral de Navarra ou Cortes de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Parlamentua) é o órgano lexislativo da Comunidade Foral de Navarra. O Parlamento foi creado polo Amelloramento de 1982, supuxo a democratización das institucións existentes ata entón.

HistoriaEditar

Desde a súa creación e durante o franquismo, seguira existindo a Deputación Provincial de Navarra tal como foi definida na Lei de Modificación de Fueros de 1841, composta por sete deputados, elixidos por meiriñados.

Existía desde 1898 un órgano asesor en materias financeira e de administración municipal: o Consello Foral Administrativo. En 1978 UCD, para democratizar as institucións forais, propuxo que o Consello Foral estivese integrado por 119 conselleiros, 50 elixidos por sufraxio universal e 60 polos concellos, aos que se engadirían os cinco deputados ao Congreso e os catro senadores elixidos en Navarra. Exercería funcións normativas e elixiría aos membros da Deputación. Finalmente o Amelloramento establece a institución do Parlamento ou Cortes de Navarra no artigo 10 e regúlao nos artigos do 11 ao 22.

É a institución lexislativa da Comunidade, os seus membros son elixidos por sufraxio universal, para un período de catro anos e non deben ser menos de 40 nin máis de 60 (actualmente son 50). Os parlamentarios contan con foro de inviolabilidade polos votos e opinións emitidos no desenvolvemento das súas funcións.

FunciónsEditar

SedeEditar

O edificio do Parlamento atópase situado no rehabilitado edificio da Antiga Audiencia, Primeiro Ensanche, no Paseo de Sarasate de Pamplona. Anteriormente estivo situado no Palacio da Deputación Foral de Navarra, situado no mesmo paseo e enfrontado a este.

ComposiciónEditar

O Parlamento está composto por 50 parlamentarios elixidos por sufraxio universal.

A X Lexislatura do Parlamento de Navarra comezou o 19 de xuño de 2019 coa celebración da sesión constitutiva da cámara onde tomaron posesión os 50 parlamentarios electos nos comicios de maio do mesmo ano.

 

Grupos parlamentarios e agrupacións no Parlamento de Navarra

Nome Escanos Candidatura Voceiro/a Líder
G.P. Navarra Suma 20   Navarra Suma José Javier Esparza
G.P. Partido Socialista de Navarra 11   Partido Socialista de Navarra Ramón Alzórriz María Victoria Chivite (P)
G.P. Geroa Bai 9  Geroa Bai Uxue Barkos
G.P. EH Bildu Nafarroa 7   Euskal Herria Bildu Bakartxo Ruiz
A.P.F. Podemos-Ahal Dugu 2   Podemos Mikel Buil
G.P. Mixto–Izquierda-Ezkerra 1   Izquierda-Ezkerra María Luisa de Simón

PresidentesEditar

A presidencia do parlamento sempre estivo en mans de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ou do Partido Socialista de Navarra (PSN) ata 2015. Ningún presidente estivo máis dunha lexislatura no cargo.

Presidentes do Parlamento de Navarra
Lexislatura Presidente/a Partido Mandato
Parlamento Foral Víctor Manuel Arbeloa Muru   PSN-PSOE 1979-1983
I lexislatura Balbino Bados Artiz   UPN 1983-1987
II lexislatura Javier Gómara Granada   UPN 1987-1991
III lexislatura Javier Otano Cid   PSN-PSOE 1991-1995
IV lexislatura Lola Eguren Apesteguía   PSN-PSOE 1995-1999
V lexislatura José Luis Castejón Garrués   PSN-PSOE 1999-2003
VI lexislatura Rafael Gurrea Induráin   UPN 2003-2007
VII lexislatura Elena Torres Miranda   PSN-PSOE 2007-2011
VIII lexislatura Alberto Catalán Higueras   UPN 2011-2015
IX lexislatura Ainhoa Aznárez Igarza   Podemos 2015-2019
X lexislatura Unai Hualde Iglesias  Geroa Bai 2019-2023

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar